Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

“Sogama e Ecovidrio sempre compartiron un obxectivo común: mellorar as taxas de reciclaxe"

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así se pronunciou Germán Fernández, Xerente de Ecovidrio en Galicia, con motivo da entrevista realizada no marco do 25 aniversario de Sogama e publicada na última Newsletter corporativa deste ano.
  • Entre as temáticas abordadas, cabería destacar o acto de inicio das obras de ampliación do complexo medioambiental de Cerceda, protagonizado pola conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como a obtención, por parte de Sogama, do certificado Ardán de empresa de alta produtividade 2017.
  • Alúdese igualmente á intervención do presidente da entidade, Javier Domínguez, nunha xornada sobre economía circular celebrada en Asturias, ao curso de formación en liña dirixido a un centenar de axentes da Garda Civil, á nova edición 2017-2018 do programa Recíclache con Sogama e á campaña “ Coa comida non se xoga” materializada pola Sociedade no marco da Semana Europea da Prevención.
  • E como peche proponse un prato 100% sostible e ecolóxico para os fríos días de inverno: caldo galego.

Cerceda, a 7 de decembro de 2017.-  Germán Fernández, Xerente de Ecovidrio en Galicia, e Esperanza González, gañadora do concurso enmarcado no Día Internacional da Reciclaxe 2016, abren a Newsletter de Sogama con senllas entrevistas, poñendo fin a unha serie de números conmemorativos do 25 aniversario da entidade pública e nos que se dou voz a moitas das persoas que ao longo dos últimos anos estiveron vinculadas á mesma, deixando constancia do seu incondicional apoio a un modelo de xestión de residuos que entrou en fase de asentamento, pero coa vista posta nunha serie de melloras orientadas cara a un futuro marcado pola economía circular.

Neste sentido, Germán Fernández destaca a boa relación mantida con Sogama desde as súas orixes, coa que sempre compartiron un mesmo obxectivo: mellorar a recollida selectiva e alcanzar maiores cotas de reciclaxe. Pola súa banda, Esperanza González apela á educación da poboación para conseguir a súa activa participación na separación dos materiais e superar as barreiras propias da comodidade e a falta de conciencia.

SOGAMA, EMPRESA DE ALTA PRODUTIVIDADE 2017

A revista inclúe igualmente outros contidos de interese tales como o acto de inicio das obras de ampliación do complexo medioambiental de Cerceda, protagonizado pola conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, quen enxalzou o potencial que encerra esta iniciativa pola súa maior contribución á reciclaxe e a garantía dun menor vertido. Non en van, Sogama cuadriplicará as súas cifras de reciclaxe, prevendo chegar ao mesmo tempo ao vertido técnico cero.

Mención especial merece a recepción, por parte da Sociedade, do certificado Ardán de empresa de alta produtividade 2017, recoñecendo a súa boa xestión e firme aposta pola innovación tecnolóxica e a diversificación. Das 18.235 empresas que conforman o informe Ardán 2017, un total de 188, entre as que se atopa Sogama, obtiveron o indicador de alta produtividade, representando un 1,03% sobre o total de Galicia.

A intervención do presidente, Javier Domínguez, nunha xornada sobre economía circular celebrada en Asturias, concretamente en Oviedo, constitúe outro dous destacables, compartindo cartel con representantes do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, do Principado de Asturias, da Fundación para a Economía Circular e de Cogersa, entre outras entidades.

FORMACIÓN E DIVULGACIÓN

Tamén se fai unha reseña ao curso de formación en liña dirixido a un centenar de axentes da Garda Civil para instruílos na xestión sostible dos residuos e a economía circular. Con 50 horas lectivas, chegará ao seu fin a mediados deste mes. Así mesmo, alúdese á nova edición 2017-2018 do programa “Recíclacte con Sogama”, no que participan 22 centros escolares de toda Galicia, á visita de representantes de Antioquia (Colombia), interesados polo transporte combinado de residuos, e á adhesión de Sogama á Semana Europea da Prevención de Residuos 2017. Baixo o lema “Coa comida non se xoga. Non tires alimentos!”, impartíronse charlas e dinámicas en institutos dos concellos limítrofes co complexo cercedense, buscando a complicidade dos mozos na loita contra o desperdicio alimentario, un problema con serias consecuencias ambientais, económicas, sociais e, por suposto, morais.

O primeiro concurso nas redes sociais “Cada cousa no seu sitio” (Facebook e Twitter: Por unha Galicia sostible, educación ambiental Sogama), e que estará en vigor ata o próximo 22 de decembro, constitúe outra das temáticas mencionadas, pretendendo achegar, dunha forma lúdica e divertida, os hábitos de reciclaxe aos cidadáns, e galardoar aos máis activos e con máis coñecementos na materia.

E como colofón da revista, un prato estrela para os fríos días de inverno: caldo galego, sostible e ecolóxico 100%.

Saúdos, Departamento de Comunicación

7 Dec 2017

Galería