SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

9 de cada 10 mozos consideran a educación ambiental un factor clave na era post-Covid

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Os enquisados tamén cren imprescindible ter en conta os problemas ambientais para facer fronte a crises sanitarias como a actual.
  • O 54% afirma que, tralo fin da desescalada, gozarán en maior medida da contorna natural, toda vez que lles xera liberdade, desconexión e ledicia.

Cerceda, a 30 de xuño de 2020.- A crise do COVID-19 propiciou unha maior reflexión sobre a necesidade de manter o planeta san e coidar a natureza. Unha das principais conclusións que se extraen do estudo de opinión "Jóvenes, educación y medioambiente", realizado por More Than Research para Naturaliza, o proxecto de educación ambiental de Ecoembes, é que as  cuestións ambientais convertéronse nun dos alicerces esenciais para enfrontar os novos retos que a sociedade debe abordar nestes momentos.

Tras realizar enquisas a máis de 3.400 mozos de entre 18 e 30 anos de toda España, os resultados deste traballo apuntan a  que  9 de cada 10 consideran que, na fase post-covid, a educación ambiental debería ser tratada como un instrumento fundamental na sociedade que contribúe, en gran medida, a facer fronte a situacións como a actual.  

Así mesmo, o 90% dos mozos cre necesario que os problemas ambientais sexan considerados en maior medida para entender e, así, previr, as crises que afecten á saúde.

Malia que 8 de cada 10 dos enquisados declaran que antes da pandemia do coronavirus xa tiñan moito ou bastante contacto coa natureza, máis da metade deles (54%) afirman que, tralo fin da desescalada, gozarán en maior medida da contorna natural. A razón reside en que o contacto co medio ambiente xéralles liberdade, desconexión e ledicia.

Precisamente, os expertos defenden que o contacto directo coa natureza resulta esencial para o ser humano, especialmente para os nenos, xa que repercute de forma positiva sobre as súas capacidades creativas, emocionais e intelectuais.

Fonte: Ecoembes

Imaxe: Pixabay

30 Xuñ 2020

Galería