SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Accións climáticas para un mundo sostible

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Os científicos coinciden en sinalar que os patróns climáticos están mudando e que urxe pasar á acción.

 ·         Indican que estamos ante un reto global que require dun traballo coordinado de toda a comunidade internacional e que aínda estamos a tempo de actuar.

 ·         A FAO recomenda aos cidadáns poñer en práctica 8 accións básicas para loitar contra o cambio climático: non tirar comida, comer máis froita e legumes, aforrar enerxía, xestionar correctamente os residuos, aforrar auga, comer diferentes tipos de peixe, limitar o uso de plástico e facer que os nosos municipios e cidades sexan máis verdes.

Cerceda, a 13 de xaneiro de 2020.- Ninguén escapa ao cambio climático. Os seus perversos efectos chegan á economía, ás comunidades e á vida das persoas.

Os científicos coinciden en sinalar que os patróns climáticos están mudando: aumentan os niveis do mar, os eventos climáticos son cada vez máis extremos e virulentos, e seguen a incrementarse as emisións de gas de efecto invernadoiro.

Neste escenario, urxe pasar á acción, pois, pola contra, a temperatura media do planeta podería aumentar uns 3ºC este século, e os seus negativos efectos cebaranse especialmente cos máis pobres e vulnerables.

Os expertos indican que estamos ante un reto global que require dun traballo coordinado de toda a comunidade internacional, precisándose que os países en desenvolvemento avancen cara a unha economía baixa en carbono. Con vontade política e un amplo abano de medidas tecnolóxicas, consideran que aínda é posible limitar o aumento da temperatura media global a dous grados Celsius por riba dos niveis pre-industriais, apuntando a 1,5ºC.

Namentres, que pode facer o cidadán ? A FAO apunta a 8 accións climáticas básicas:

1.- Non tires comida

2.- Come máis froita e legumes

3.- Aforra enerxía.

4.- Xestiona correctamente os residuos (Reduce, Reutiliza e Recicla).

5.- Aforra auga.

6.- Come diferentes tipos de peixe.

7.- Limita o uso de plástico.

8.- Fai que a túa cidade sexa máis verde

Fonte: FAO

Imaxe: Pixabay

13 Xan 2020

Galería