SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

AECOC dá a coñecer iniciativas innovadoras e exitosas na loita contra o desperdicio alimentario

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O 9º Punto de Encontro terá lugar en Madrid o próximo 29 de setembro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos.

Cerceda, a 23 de setembro de 2021.-  AECOC (Asociación de fabricantes e distribuidores) celebrará, o próximo 29 de setembro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos, decretado pola ONU, o 9º Punto de Encontro Contra o Desperdicio Alimentario. Terá lugar en Madrid (Auditorio do centro cultural Eduardo Úrculo) e no mesmo mostraranse algunhas das iniciativas máis innovadoras e exitosas de empresas e administracións públicas para evitar a perda de alimentos.

Neste sentido, a responsable de sostibilidade de Lidl, Michaela  Reischl, detallará o plan da compañía para a recuperación de todo o pan e produtos de panadería non vendidos e a súa reconversión en pienso para animais. Pola súa banda, a directora de sostibilidade de CAPSA, Estefanía Iglesia, explicará os traballos que levaron á empresa para ser recoñecida en dúas ocasións consecutivas cos premios da European Week  for  Wate  Reduction, centrados na prevención de residuos no ámbito europeo.

O encontro tamén contará coa participación dunha das startups máis disruptivas na loita contra o desperdicio alimentario. A app de Phenix pon en contacto aos consumidores cos supermercados, comercios e restaurantes dos seus barrios para evitar a perda dos produtos alimentarios que non se venderon ao longo da xornada. O servizo conta con máis de 10.000 comercios adheridos, 2 millóns de usuarios e, en 2020, logrou rescatar máis de 44 millóns de racións de comida que, doutra maneira, acabarían desperdiciadas.

Un dos grandes retos é reducir as perdas de produtos frescos no sector primario. Por iso, o evento contempla unha mesa redonda na que participarán os responsables de empresas líderes do sector hortofrutícola, como é o caso de Unica Group,  Sat  Trops e  Afrucat, co obxectivo de explicar as iniciativas desenvolvidas nestas organizacións para avanzar no obxectivo de lograr o desperdicio cero.

Así mesmo, programouse outra mesa redonda na que portavoces de destacados concellos de España analizarán como as administracións públicas están a lanzar iniciativas de sensibilización da cidadanía e de colaboración público-privadas para previr a perda e o malgaste de alimentos.

SOBRE AECOC

O Punto de Encontro  AECOC Contra o Desperdicio Alimentario é un evento que reúne a máis de 300 profesionais da cadea agroalimentaria para xuntar esforzos e loitar de maneira conxunta contra o desperdicio de alimentos.

O encontro analiza cada ano destacados casos de éxito impulsados desde o sector primario, a industria e a distribución alimentaria, mostrando os mellores expoñentes nacionais e internacionais.

Fonte e imaxe:  FuturEnviro

23 Set 2021

Galería