Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A agricultura ecolóxica, unha peza clave no desenvolvemento sostible

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A xuízo do Director Xeral da FAO, Qu Dongyu, o gran potencial da agricultura ecolóxica para transformar o sector agrícola permitiría que toda a poboación tivese acceso a alimentos nutritivos, á vez que se garante a conservación dos recursos naturais.
  • Recorda igualmente a necesidade de reducir a perda de alimentos para evitar o despilfarro innecesario de recursos, enerxía e man de obra.
  • Así mesmo, aposta por intensificar a colaboración cos Estados membros para reforzar o concepto de agricultura ecolóxica e os seus beneficios.

Cerceda, a 21 de outubro de 2019.-  Nun Foro Internacional Agroindustrial de alto nivel celebrado o pasado 9 de outubro en Moscú, no marco da 21ª Exposición “Golden Autumn-2019” (Outono de Ouro-2019), o Director Xeral da FAO, Qu Dongyu, destacou o papel clave da agricultura ecolóxica para o desenvolvemento sostible.

O seu gran potencial para transformar o sector agrícola permitiría, tal e como sinalou, que toda a poboación tivese acceso a alimentos nutritivos, á vez que se garante a conservación dos recursos naturais. Neste sentido, destacou a importancia da dixitalización para acelerar a transición desde as prácticas agrícolas tradicionais a unha agricultura respectuosa co medio ambiente.

Subliñou a importancia de pasar á produción e ao procesamento ecolóxico, que é "menos contaminante para o medio ambiente e consome menos auga”, así como “reducir os residuos de produtos químicos e outros elementos contaminantes".

Para alimentar a 10.000 millóns de persoas en 2050, Qu manifestou que necesitamos instaurar políticas axeitadas que permitan producir unha  cantidade suficiente de alimentos nutritivos de xeito sostible.

REFORZAR A COOPERACIÓN COS ESTADOS MEMBROS

A FAO traballa cos seus Estados Membros para desenvolver un concepto de sostibilidade na agricultura, que se basea en cinco principios clave: mellora da eficiencia no uso dos recursos; conservación e protección dos recursos naturais; mellora dos medios de subsistencia rurais e o benestar social; aumento da resiliencia das comunidades e ecosistemas; e mecanismos de gobernanza responsables e eficaces.

A exposición "Outono de Ouro - 2019" é o principal foro agrícola organizado anualmente polo Ministerio ruso de Agricultura desde fai máis de dúas décadas. Os pabellóns e as presentacións na mostra poñen de relevo as mellores prácticas e casos de éxito no sector agrícola de distintos países tales como España, Austria, Reino Unido, Irlanda, Alemaña, Francia, Dinamarca, Países Baixos, República Checa, Suiza, Polonia, Ucrania, Bielorrusia, China e Xapón.

Fonte: FAO

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

21 Out 2019

Galería