SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Aimplas participou no desenvolvemento dun film antibacteriano que se ensaiará en hospitais

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Este innovador filme plástico conseguiuse a través do emprego de aceites esenciais nanoencapsulados, resultando máis respectuoso co medio ambiente.
  • O traballo desenvolvido enmárcase no proxecto europeo FLEXPOL, no que participaron un total de once entidades de cinco países, entre eles España.

Cerceda, a 24 de marzo de 2020.- AIMPLAS, Instituto Tecnolóxico do Plástico, participou no proyecto FLEXPOL, financiado pola Comisión Europea no marco do programa H2020, co obxectivo de desenvolver un novo dispositivo con propiedades antimicrobianas e funxicidas que se aplicará en hospitais e que será máis respectuoso co medio ambiente. Para isto empregáronse aceites esenciais nanoencapsulados, prevendo obter un produto de fácil aplicación e tamén sinxelo de retirar.

Trátase dun filme plástico concibido para ser colocado en superficies moi expostas ao contacto e que evite a proliferación de organismos microbianos nas mesmas.

O principal reto do proxecto foi manter intactas as nanocápsulas dos aceites esenciais durante o procesado do filme debido á súa baixa resistencia térmica. Neste marco, AIMPLAS aportou os seus coñecementos en nanotecnoloxía para desenvolver un método que evita que estas se destrúan durante o seu procesado na fase de compounding.

Grazas a este proxecto, que trala súa fase de laboratorio desenvolverase nunha contorna hospitalaria real, será posible reducir de xeito relevante o uso de deterxentes e de antibióticos, resultando unha alternativa cun custo inferior aos métodos empregados actualmente.

Se ben se prevé a súa aplicación en hospitais, tamén pode resultar de interese noutros sectores tales como o do transporte público, a alimentación, o téxtil, a construción, o eléctrico-electrónico e ata o gandeiro.

Coordinado por Fraunhofer, neste proxecto participaron un total de once entidades de cinco países: AIMPLAS, Naturality, Universidade de Alicante, Instituto de Investigación Sanitaria Biodonostia, IK4-Tekniker e a Fundació Institut Català de Nanociència i Nanotecnologia (ICN2) (España); Propagroup e Softer (Italia); Fraunhofer IPT (Alemania); 3B’s Research Group da Universidade de Minho (Portugal); e Granta Design Ltd. (United Kingdom).

Fonte e imaxe: AIMPLAS

24 Mar 2020

Galería