SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Alongar a vida útil dos dispositivos electrónicos, esencial para cumprir os obxectivos climáticos

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • De acordo cun novo informe da Axencia Europea do Medio Ambiente (AEMA), os teléfonos intelixentes, televisores, lavadoras ou aspiradoras úsanse en promedio por períodos máis curtos que os tempos de vida para os que foron deseñados.

Cerceda, a 1 de xullo de 2020.- Cada cidadán da UE consome, como media, máis de 18 kilos de produtos eléctricos e electrónicos cada ano.

Atrasar a obsolescencia da electrónica pode reducir significativamente os seus impactos ambientais e climáticos e contribuír ao cumprimento dos obxectivos ambientais e de economía circular da Unión Europea.

De acordo co informe da AEMA (Axencia Europea do Medio Ambiente) «O consumo de Europa nunha economía circular: os beneficios dunha electrónica de maior duración», os casos de estudo en teléfonos intelixentes, televisores, lavadoras e aspiradoras mostran que todos estes dispositivos teñen vidas medias reais que son, alomenos, 2 ou 3 anos máis curtas que as diseñadas ou desexadas. Isto indica que existe un potencial significativo para aumentar a vida útil destes artigos.

Para mellorar a ‘circularidade’ dos produtos electrónicos, o informe destaca a necesidade de fortalecer os requisitos de deseño ecolóxico dos mesmos e optimizar os seus potenciais de reparación, eliminación e remanufacturación.

Outras medidas inclúen un maior uso da etiqueta enerxética da UE, o desenvolvemento da contratación pública ecolóxica e a estensión da responsabilidade do produtor ao final da vida útil dos produtos.

Fonte: Residuos Profesional

Imaxe: Pixabay

1 Xul 2020

Galería