SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A alta calidade da materia orgánica recollida no quinto contedor avala a aposta pola compostaxe

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Os concellos veciños de Laracha, Carballo e Cerceda, pioneiros na recollida selectiva dos restos orgánicos, eríxense en todo un referente para moitos outros que xa están a avaliar a implantación deste modelo.
  • As caracterizacións macroscópicas de FORSU realizadas por Sogama na súa planta de compostaxe industrial arroxan uns resultados moi positivos, toda vez que en torno ao 97% corresponde a material biodegradable, limitándose os impropios a pouco máis do 2%.
  • Sogama quere destacar o esforzo investido polos tres entes locais para facer realidade a valorización da materia orgánica e contribuír a unha maior protección ambiental e aforro de custos.

Cerceda, a 21 de setembro de 2020.- A boa calidade da fracción orgánica recollida a través do quinto contedor, de cor marrón, implantado nos cascos urbanos de Laracha, Carballo e Cerceda, avala a firme aposta destes concellos pola compostaxe, servindo de punto de referencia para outros moitos que xa están a avaliar a implantación deste modelo.

Os tres entes locais decidiron no seu momento adherirse á planta de compostaxe industrial de Sogama para complementar o programa de compostaxe doméstica instaurado da man desta empresa pública en máis de 700 vivendas rurais.

Con isto pretenden poñer en valor a materia orgánica recollida selectivamente mediante a súa transformación nun abono de alta calidade. No primeiro caso, para ser utilizado por parte das familias participantes como fertilizante natural no seu xardíns, hortas ou terras de cultivo, e, no segundo, para que tamén poida converterse en compost a través dunha operativa industrial, estendendo a segregación dos residuos orgánicos a rúas con edificios de vivendas.

POUCO MÁIS DO 2% DE IMPROPIOS

As caracterizacións macroscópicas da fracción orgánica (FORSU) recollida a través do contedor marrón arroxan uns resultados moi positivos, toda vez que en torno ao 97% corresponde a material biodegradable (restos de alimentos e de xardinería), limitándose os impropios a pouco máis do 2% (envases, bolsas biodegradables etc).

Neste sentido, chámase a atención sobre a necesidade de que a materia orgánica sexa depositada en orixe en bolsas biodegradables para facilitar o proceso industrial e obter así em planta un compost de maior calidade.

As mostraxes réxense por diferentes disposicións lexislativas, así como pola norma UNE-EN-4899:2007.

EXEMPLO A SEGUIR

Sogama quere destacar o esforzo investido polos tres concellos veciños, tanto a nivel loxístico e de dotación de medios, como a nivel pedagóxico e de concienciación social, para facer realidade a valorización da materia orgánica, tendo despregado intensas campañas de información, formación e sensibilización coas que os gobernos municipais lograron a implicación e interese dos cidadán que, voluntariamente, decidiron participar nesta iniciativa.

Outros concellos da contorna xa están a analizar a forma de levar a cabo esta recolleita selectiva, podendo servir a experiencia de Laracha, Carballo e Cerceda como exemplo a seguir para contribuír a unha maior protección do medio ambiente e a un aforro de custos.

Saúdos, Departamento de Comunicación

21 Set 2020

Galería