SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Alta participación nos talleres educativos que Sogama desenvolveu con motivo da Feira de Parga, en Guitiriz

Print this pagePrint this pagePrint this page

•Celebráronse onte no marco da XVIII Feira da Cantería, Callos e Artesanía, logrando difundir entre nenos e maiores os beneficios ambientais da reutilización dos produtos.

•Os talleres de fabricación de letreiros para as portas, avións e pulseiras de cores lograron entusiasmar aos pequenos, os cales puideron aprender, desde a diversión e o entretenemento, as múltiples utilidades que poden chegar a ter os materiais de refugallo.

•O concello quixo integrar nesta cita feiral a dimensión ambiental, facendo tamén de Guitiriz un referente na materia, extremo evidenciado nos últimos meses a través da súa adhesión ao programa de compostaxe doméstica impulsado por Sogama, incorporando ao mesmo medio centenar de vivendas unifamiliares.

Cerceda, a 9 de xullode 2012.- Os talleres educativos que Sogama levou a cabo onte na parroquia de Parga, pertencente ao concello lucense de Guitiriz, con motivo da XVIII Feira da Cantería, Callos e Artesanía, saldouse cunha alta participación de escolares, quen, a cargo de monitores especializados, tomaron boa nota das múltiples utilidades que poden chegar a ter os refugallos.

As familias dos pequenos quedaron dobremente satisfeitas con esta actividade pois, por unha banda, doulles a oportunidade de obter máis información sobre o cometido de Sogama en xeral, e a reutilización e a reciclaxe en particular e, por outra, viron como os seus nenos, ademais de aprender, puideron gozar dunha intensa xornada de diversión e xogos que se alongou durante toda a tarde.

Entre os distintos talleres destacáronse especialmente o de fabricación de letreiros para as portas, cualificado como o máis exitoso, seguido polo da elaboración de avións e de pulseiras de cores.

Como recompensa ao seu interese, todos os pequenos recibiron agasallos e diverso merchandising de Sogama, ademais de material divulgativo de apoio, tanto para eles como para os maiores que os acompañaban.

A REUTILIZACIÓN, CLAVE NA XESTIÓN DE RESIDUOS

Con estas actividades pretendíase trasladar aos escolares a importancia que ten a segunda erre, a da reutilización, que é preciso poñer en práctica se queremos levar a cabo unha xestión racional e sostible dos residuos xerados, que en todo caso debe ir precedida pola prevención e a redución.

Descubrir os múltiples usos que poden ter aqueles materiais que habitualmente arroxamos ao cubo do lixo supuxo para moitos todo un descubrimento que, ademais, axudoulles a fomentar a imaxinación e a creatividade, nutrindo o carácter educativo desta iniciativa.

Porque o obxectivo último da reutilización non é outro que esgotar a vida útil dos produtos a través dos múltiples usos que estes poden ter. E, unha vez convertidos en desperdicios, promover o seu depósito no contedor apropiado. Só así poderá garantirse o seu posterior reciclado, aforrando custos.

Con esta actuación, Guitiriz quixo aportar á feira unha dimensión ambiental e que mellor que facelo a través do lixo, un dos problemas máis acuciantes nas sociedades actuais.

A partir de agora, a cantería, a gastronomía e a artesanía contan na parroquia de Parga cun ingrediente máis, o medio ambiente; un ingrediente que o concello quere promover, tendo en conta que desde sempre foi un punto de referencia turístico, tanto no ámbito cultural coma ecolóxico e termal.

O goberno local xa deu boa conta disto a través de distintas accións. A máis recente veu da man de Sogama coa implantación dun programa de compostaxe doméstica en 50 vivendas unifamiliares, ademais dunha campaña específica coa que se pretende fomentar a separación de residuos en orixe a través do reparto dun centenar de bolsas de cores coas que facer máis cómoda e doada esta tarefa.

Con esta iniciativa o concello pretende fomentar a colaboración cidadá nos mecanismos de recollida selectiva e faino coa pretensión de alcanzar os beneficios ambientais derivados do aforro de enerxía e de materias primas, así como económicos, tendo en conta que, cunha boa segregación de lixo por tipos de material, as arcas locais recibirán ingresos por parte dos Sistemas Integrados de Gestión, conseguindo reducir o importe da factura que deben pagar a Sogama pola xestión e tratamento da fracción depositada nos contedores verdes convencionais.

Saúdos, Departamento de Comunicación

9 Xul 2012

Galería