Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Alumnado dun curso promovido pola Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño realizan unha visita a Sogama

Print this pagePrint this pagePrint this page

Este centro ten por obxecto a atención ás demandas de particulares e profesionais en todo o relacionado coas actividades hortícolas, florícolas, frutícolas e vitícolas, levando a cabo labores de asesoramento na materia.

Dado que calquera actividade produtiva xera residuos, que deben ser obxecto dun tratamento acorde coas súas características, a visita a Sogama permitiu ao grupo tomar conciencia do necesario despregamento humano, material e tecnolóxico para que o lixo xerado reciba unha xestión sostible.

Cerceda, a 17 de setembro de 2010. - Alumnos dun curso de aptitude empresarial promovido pola Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño, con sede na localidade de Salceda de Caselas, realizaron unha visita ás instalacións de Sogama en Cerceda, interesados polo labor que esta entidade desempeña en Galicia ao erixirse na maior infraestrutura de tratamento dos residuos urbanos na nosa Comunidade, chegando a procesar o 82 por cento do lixo xerado.

Non é a primeira vez que o organismo pontevedrés organiza unha saída destas características, pois o pasado ano visitou tamén o Complexo Medioambiental cercedense cun grupo de perfil similar.

O principal labor deste centro é o de atender as demandas de particulares e profesionais en todo o relacionado coas actividades hortícolas, florícolas, frutícolas e vitícolas, levando a cabo labores de asesoramento nos sistemas de explotación, técnicas de cultivo máis axeitadas e comportamento varietal mediante ensaios, mellora, selección e caracterización das variedades autóctonas hortícolas, así como a capacitación aos produtores nas técnicas de cultivo e explotación.

Dada a estreita vinculación das súas actividades á dimensión ambiental no seu conxunto, o coñecemento directo da actividade de Sogama considerouse enormemente enriquecedor para a formación do colectivo, pois non debe ignorarse que todo sistema produtivo xera residuos que deben ser xestionados axeitadamente conforme ás súas características e cos medios humanos, materiais e técnicos precisos. A Sociedade Galega do Medio Ambiente pode ser un bo exemplo de referencia.

Adscrición ao Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL)

A Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño atópase adscrita ao Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), dependente á súa vez da Consellería de Medio Rural, e cuxa principal tarefa reside na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector alimentario, erixíndose no instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios autonómicos.

O Instituto presta numerosos servizos de asesoramento aos consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade e aos seus órganos de xestión, asumindo competencias en distintas áreas de traballo vinculadas á produción vexetal e animal, as tecnoloxías de produtos e procesos agroalimentarios e as tecnoloxías do ambiente en actividades agrarias e seguridade alimentaria, ademais doutras tales como a economía, a socioloxía e a política agraria.

Saúdos, Departamento de Comunicación

 

 

17 Set 2010

Galería