SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Alumnos de Xestión Industrial de Moda da UDC participaron no Maratón de Reciclaxe Téxtil Creativo

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Catro mozos do Grao en Xestión  de Moda Industrial  da UDC (Campus de Ferrol) foron seleccionados polo seu traballo no deseño e creación dun impermeable elaborado coa tea dunha carpa antiga.
  • A indumentaria dos pescadores galegos serviulles como fonte de inspiración, pretendendo con esta iniciativa aportar o seu gran de area para que a industria da moda, unha das máis contaminantes do planeta, avance cara á  sostibilidade.

Cerceda, a 20  de novembro de 2020.- Catro estudantes do Grao en Xestión  de Moda Industrial  da UDC (Campus de Ferrol) foron seleccionados polo seu traballo no deseño e creación dun impermeable elaborado coa tea dunha carpa antiga para participar na V edición do Maratón de Reciclaxe Creativa Téxtil,  celebrado en Madrid e promovido pola Casa Encendida e a cooperativa Altrapo Lab.

A indumentaria dos pescadores galegos serviulles como fonte de inspiración, pretendendo con esta iniciativa aportar o seu gran de area para que a industria da moda, unha das máis contaminantes do planeta, avance cara á  sostibilidade e se incentive a consecución dos ODS da Axenda 2030 de Nacións Unidas.

De feito, a súa proposta busca compensar as emisións xeradas durante a primeira fabricación dunha prenda ou obxecto mediante a recollidade todo tipo de residuos plásticos para darlles un novo uso.

O impacto ambiental e social da moda pode chegar a ser tan nocivo,  que a corrente de moda circular posicionouse como unha das alternativas máis beneficiosas, toda vez que impulsa a sociedade de residuo cero, repensa o deseño, reutiliza os materiais e xera produtos de maior calidade que aumentan a súa durabilidade.

O maratón téxtil sumouse un ano máis ao movemento Fashion Revolution. Baixo o lema "A prenda máis verde é a que xa existe" (Yvon Chouinard), e en formato online, impulsou a reciclaxe e a reutilización do téxtil a través dun programa que inclúe cápsulas online onde cinco creadores/as deseñan e confeccionan unha prenda de upcycling -reciclaxe téxtil creativa- a partir de doutras en desuso recuperadas da súa contorna.

Fonte: UDC e La Casa Encendida

Imaxe: La Casa Encendida

20 Nov 2020

Galería