SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A aportación á reciclaxe de envases lixeiros e de papel/cartón increméntase en España nun 12%

Print this pagePrint this page
  • Así se recolle nos datos feitos públicos recentemente por Ecoembes  e correspondentes ao ano 2018.
  • Cada español separou e introduciu no contedor amarelo 15,7 quilos de envases de plástico, latas e briks, e 18,1 quilos no contedor azul de envases de papel e cartón, posibilitando a reciclaxe de 1.453.123 toneladas de materiais e, en consecuencia, evitando a emisión de 1,6 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera.
  • A dotación de medios tamén foi incrementada coa instalación de 10.020 novos contedores amarelos e azuis, así como con 7.400 puntos de reciclaxe en espazos  con alta concentración de persoas.
  • Así mesmo, impulsouse a innovación e a educación como elementos claves na consecución dunha maior reciclaxe. Como exemplo, entre outros, o asistente A.I.R-e e o proxecto  Libera.

Cerceda, a 15  de abril de 2019.- Segundo datos de Ecoembes correspondentes ao ano 2018, a colaboración da cidadanía española na reciclaxe dos materiais a depositar no contedor amarelo e azul viuse incrementada nun 12%, porcentaxe que evidencia o maior  compromiso social coa sostibilidade.

O contedor  amarelo encheuse un 12,3% máis e o contedor  azul fíxoo nun 12,4% máis que en 2017. Isto posibilitou que se tiveran reciclado 1.453.123 toneladas de envases lixeiros e de papel/cartón, evitando a emisión de 1,6 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera, e que se tivera alcanzado unha taxa de reciclaxe de envases do 78,8%, fronte ao 65% esixido pola Unión Europea para 2025.

Se se atende aos tipos de material, os envases plásticos chegaron a unha taxa de reciclaxe do 75,8%, seis puntos máis que no ano anterior, e os metálicos alcanzaron o 85,4%. Pola súa banda,  os materiais correspondentes ao contedor azul chegaron ao 80%.

A fin de facilitar a tarefa da poboación, en 2018 instaláronse 10.020 novos contedores amarelos e azuis, sumando así un total de 601.144 distribuídos polo conxunto do país (383.974 amarelos e 217.170 azuis), permitindo que o ratio sexa actualmente dun contedor por cada 162 habitantes.

Adicionalmente, tamén se instalaron 7.400 novos puntos de reciclaxe en espazos  cunha alta concentración de persoas para facilitar a selección de residuos nos mesmos. É o caso de estadios deportivos, hospitais, aeroportos, oficinas e recintos de lecer, incluíndo igualmente o sector da hostalaría e a restauración, entre outros.

A todo isto Ecoembes destinou un investimento de 517 millóns de euros, sufragados grazas ao pago efectuado por parte de 12.486 empresas que poñen envases no mercado a través do Punto Verde, tal e como establece a normativa; un compromiso empresarial que vai máis aló  da reciclaxe e que tamén propiciou, a través de medidas de ecodeseño, o aforro, nos últimos anos, de máis de 525.300 toneladas de materias primas na fabricación de envases.

INNOVACIÓN E EDUCACIÓN

A innovación e a educación tamén resultaron claves para conseguir estes resultados.  Un bo exemplo  é TheCircularLab, o centro de innovación de Ecoembes no ámbito da economía circular  e desde o cal se lanzou, entre outros recursos, A.I.R-e, o primeiro  asistente intelixente de reciclaxe, propiciando a resolución inmediata, e de forma dixital, das dúbidas que poida ter o cidadán  en cada momento á hora de separar o envases.

O proxecto  Libera, desenvolvido conxuntamente con SEO/BirdLife, posibilitou que máis de 28.000 voluntarios e 740 entidades se sumaran á loita contra o lixo  abandonado na natureza, tendo recollido 107 toneladas e caracterizado 109.000 residuos atopados.

O traballo  de dotación de medios, tanto materiais como educativos, continuará e incrementarase este ano para que a reciclaxe siga crecendo día a día e se instale na cultura ambiental da sociedade.

Fonte: Ecoembes

Saúdos ,Departamento de Comunicación

15 Abr 2019

Galería