SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Aprazada a celebración do 12º Congreso Nacional de Reciclaxe de Papel

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O motivo reside na actual crise sanitaria orixinada polo COVID-19; non obstante, e en plena sintonía co seu compromiso de xerar coñecemento, Repacar decidiu organizar un webinar no que se falará da situación mundial do reciclado de papel e cartón, así como dos actuais desenvolvementos normativos vinculados ao sector.

Cerceda, a 14 de setembro de 2020.- Debido á actual crise sanitaria orixinada polo COVID-19, Repacar decidiu aprazar a celebración do 12º Congreso Nacional de Reciclaxe de Papel que, en principio, tería lugar o próximo 22 de outubro. Trátase do maior evento do sector no noso país e un dos máis recoñecidos a nivel europeo.

Non obstante, Repacar, en plena sintonía co seu compromiso de xerar coñecemento, decidiu  organizar un webinar no que se falará da situación mundial do reciclado de papel e cartón, así como dos actuais desenvolvementos normativos vinculados ao sector.

Baixo o lema “O noso papel no futuro”, o congreso celebrado en 2019 reuniu a máis de 200 axentes clave e no mesmo analizáronse cuestións cruciales tales como o mercado global do papel recuperado, o papel dos xestores de residuos no futuro, os novos desenvolvementos normativos nacionais na materia ou o control da calidade do papel recuperado nas plantas de xestión de residuos.

SOBRE REPACAR

A Asociación Española de Recicladores Recuperadores de Papel e Cartón (Repacar) fundouse en 1968 como entidade sen ánimo de lucro co obxectivo de representar e defender os intereses das compañías da recuperación e o reciclado de papel e cartón. Con 115 empresas asociadas, aglutina 6.053 empregos directos e 18.150 indirectos, sumando unha facturación de 2.280 millóns de euros.

Entre as súas competencias, cabería destacar o impulso da competitividade e as relacións entre os asociados e outras empresas; actuar como o principal interlocutor e voz do sector; asesorar e informar aos asociados; fomentar un diálogo aberto e construtivo; promover a formación de persoal especializado na xestión de residuos e a reciclaxe; analizar os problemas sectoriais e buscar posibles solucións aos mesmos; xerar un marco normativo que favoreza o crecemento sostible das nosas empresas; e servir como plataforma de información, cooperación e intercambio das mellores prácticas e tecnoloxías dispoñibles.

Fonte e imaxe: Repacar

14 Set 2020

Galería