Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Aumenta o lixo espacial, con máis de 18.000 obxectos en órbita

Print this pagePrint this page
  • Así se evidencia a través dos datos recollidos pola Oficina do Programa da NASA de Restos Orbitais, actualizados a principios deste ano.
  • Dos 18.835 corpos espaciais que roldan o planeta, un total de 6.518 pertencen á Comunidade de Estados Independentes (antiga Unión Soviética). Séguelle EEUU, con 6.321, e China, con 3.863.
  • A ESA continúa a ser a que menos lixo espacial xera, con 137 obxectos, e a que menos incrementou a súa achega.

Cerceda, a 12 de febreiro de 2018.-  O lixo espacial volveu a crecer en 2017 e, segundo datos da Oficina do Programa da NASA de Restos Orbitais, actualizados a principios deste ano, contabilizáronse 18.835 obxectos en órbita, é dicir, 1.000 máis que en 2016.

Se ben os incrementos foron constantes nos últimos tempos, o certo é que en 2014 e 2015 percibiuse unha certa “estabilidade”, con ao redor de 16.000 escombros detectados.

O reconto que realiza cada ano a NASA rexistra a cantidade de satélites, activos ou inactivos, que foron lanzados ou ben baixados das súas órbitas para que acaben afundidos no mar, así como foguetes espaciais antigos e en funcionamento, e outros obxectos procedentes da fragmentación de residuos, como é o caso dos xerados en explosións.

Respecto dos 18.835 corpos espaciais que roldan o planeta, un total de 6.518 corresponden á Comunidade de Estados Independentes (antiga Unión Soviética), situándose así como a que maior cantidade de lixo refuga no espazo. Séguea Estados Unidos, con 6.321, e China, con 3.863.

Tomando como referencia as cifras de 2016, o país norteamericano aumentou en máis de 600 obxectos a súa cota de lixo espacial, mentres que a antiga Unión Soviética fíxoo con 172. De seguir esta liña, os norteamericanos pasarían a ser os maiores contribuyentes de refugallos ao espazo.

Pola súa banda, a Axencia Espacial Europea (ESA) continúa a ser a que menos lixo espacial xera, con 137 obxectos (81 proceden de explosións e 56 son foguetes, corpos e outros escombros) e a que menos incrementou a súa achega (só 4 en máis dun ano).

Pero, máis aló destes casos concretos,  hai outros países que verten lixo á órbita terrestre. Estariamos a falar de Francia, con 546 obxectivos, Xapón, con 270, India, con 200, e outros, con 980.

REXISTRO, CONTROL E PREDICCIÓN

U.S Space Surveillance Netword (SSN) é o programa da NASA encargado de controlar o lixo espacial, tendo por cometido detectar, controlar, catalogar e identificar eses obxectos elaborados pola man do home e que orbitan ao redor do noso Planeta. Así mesmo, predice cando e onde caerá un novo na Terra, cal é a súa posición no espazo, detecta novos corpos residuais, identifica a que país pertencen e informa á NASA se estes interferen coa Estación Espacial Internacional.

É preciso recordar que a Oficina do Programa de Escombros Orbitais da NASA, que se ubica administrativamente no Centro Espacial Johnson, é recoñecida a nivel mundial por abordar os problemas dos residuos orbitais, liderando a realización de medicións de medio ambiente, así como o desenvolvemento do consenso técnico para a adopción de medidas a través das cales protexer aos usuarios da contorna orbital.

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

12 Feb 2018

Galería