SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

BIR apela a un marco favorable para propiciar a reciclaxe de plásticos ao final da súa vida útil

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Considera que a reciclaxe constitúe unha das solucións clave para mellorar a xestión dos plásticos.
  • Lanzou un informe no que insta aos fabricantes e produtores a traballar cos recicladores no deseño para a reciclaxe, permitindo así unha clasificación máis fácil dos residuos recollidos e asegurando unha maior calidade.
  • Tamén identifica a necesidade de unir a toda a cadea de valor da industria do plástico para traballar conxuntamente a fin de pechar o ciclo de recuperación deste material conforme a un modelo de produción circular.

Cerceda, 27 de outubro de 2020.- A Confederación Mundial da Reciclaxe, BIR, considera que a reciclaxe constitúe unha das solucións clave para mellorar a xestión dos plásticos unha vez esgotada a súa vida útil.

No marco do seminario dixital realizado durante a BIR World Recycling Week, lanzou o informe “Reciclaxe de plásticos: feitos, datos e recomendacións de política”, no que dá conta da contribución dos plásticos á vida cotiá, examinando ao mesmo tempo o seu impacto ambiental e económico. Neste sentido, o documento asegura que «Esencialmente, o que fai que os plásticos sexan útiles é exactamente o que os fai daniños: persisten».

Segundo o informe BIR, ata o de agora reciclouse ao redor do 10% de todos os plásticos producidos, sinalando que, incluso as economías máis desenvolvidas, teñen taxas de reciclaxe deste material de tan só o 30%.

Incide na eficiencia da reciclaxe desde o punto de vista ambiental, xa que despraza aos plásticos primarios no mercado e evita o consumo de materias primas virxes, aforrando emisións de CO2 e enerxía. De feito, os investigadores calculan que a reciclaxe utiliza ata un 76% menos de enerxía.

O informe describe a reciclaxe como «unha forma sistemáticamente infrautilizada de xestión de residuos», polo que BIR pide aos gobernos que establezan unha contorna favorable para a reciclaxe de plásticos e aumenten a calidade dos materiais reciclables recolectados, por exemplo, a través esquemas de responsabilidade ampliada do produtor, impedindo o uso de produtos químicos prohibidos nos plásticos, facendo cumprir as cotas obligatorias de contido reciclado e establecendo criterios claros de fin de condición de residuo para os plásticos reciclados, o que axudaría a establecer altos estándares de calidade.

Con todo, a reciclaxe é só unha parte da economía circular, polo que BIR tamén identifica a necesidade de unir a toda a cadea de valor da industria do plástico para traballar conxuntamente a fin de pechar o ciclo deste material, permitindo que os plásticos pasen dun modelo de produción e funcionalidade lineal a un circular.

A Confederación insta aos fabricantes e produtores a traballar cos recicladores no deseño para a reciclaxe, permitindo así unha clasificación máis fácil dos residuos recollidos e asegurando maiores niveis de reciclabilidade.

Fonte: Residuos Profesional

27 Out 2020

Galería