SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Boas prácticas para gozar dun verán sostible

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Ecoembes lanza unha serie de recomendacións para que en vacacións se manteña o compromiso coa protección do medio ambiente.
  • Entre estas, apostar polo turismo “eco”, consumir de forma responsable, seguir separando os residuos por tipoloxías para propiciar o seu posterior reciclado e protexer a contorna fronte á basuraleza.

Cerceda, a 11 de agosto de 2020.- Conforme aos datos recollidos no recente estudo “A sostibilidade, o compromiso medioambiental e a reciclaxe trala COVID-19”, realizado por Focus, case un 20% dos españois adoptou novos hábitos durante o confinamento para protexer o medio ambiente, como son o incluír novos residuos para a súa reciclaxe, reutilizar obxectos antes que refugalos ou evitar o consumo das bolsas de plástico. E precisamente para que estas prácticas non queden no esquecemento, Ecoembes, lanza unha serie de recomendacións para que en vacacións se manteña o compromiso coa protección do medio ambiente.

  • Apostar polo turismo “eco”

Cada vez é máis ampla a oferta dos establecementos responsables co medio ambiente. É o caso de hoteis que ofrecen aos seus hóspedes experiencias respectuosas coa contorna e que, ademais, optimizan os recursos reducindo o impacto medioambiental da súa actividade.

Sempre que sexa posible, é importante priorizar medios de transporte sostibles para chegar ao noso destino vacacional e, unha vez no lugar de destino, nos traxectos curtos descantarse polos desprazamentos en bicicleta ou camiñando para reducir a nosa pegada ecolóxica.

  • Consumir de xeito responsable

Faise necesario evitar as compras compulsivas e innecesarias e planificalas con antelación. Aproveitar as sobras das comidas para elaborar novos menús e facer un uso eficiente da enerxía e a auga. Pechar ben as billas, darse unha ducha en lugar dun baño ou manter a billa pechada mentres nos cepillamos os dentes, son xestos moi sinxelos que fomentan ao máximo o noso comportamento sostible, tamén no verán.

  • Seguir reciclando

Unha vez instalados no lugar de vacacións, convén localizar os contedores máis próximos nos que depositar as distintas tipoloxías de residuos, recordando que as luvas e máscaras desbotables deben depositarse no verde xenérico.

  • Protexer a contorna fronte á basuraleza

No verán adoitamos gozar con máis asiduidade de contornas naturais, como a praia ou a montaña. De aí a conveniencia de levar sempre unha bolsa ecolóxica para recoller os residuos que xeramos durante as nosas escapadas e evitar desta forma que acaben convertidos en basuraleza, procedendo á súa posterior segregación para que poidan ser reciclados.

En relación con este aspecto, o 94,8% dos españois afirma que reducir, reciclar e reutilizar é unha necesidade vital para conservar o planeta, segundo outra das conclusións que arroxa o citado estudo de Focus. Isto reflicte como existe un amplo consenso entre a sociedade española sobre a importancia do papel da reciclaxe como ferramenta medioambiental, xa que desta forma conséguese aforrar no consumo de enerxía e de auga e, á vez, evítase a emisión de millóns de toneladas de CO2 á atmosfera.

Fonte: Ecoembes

Imaxe: Pixabay

11 Ago 2020

Galería