SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Burela estende o Día dos Océanos a toda a semana con accións de limpeza en diversos arenais

Print this pagePrint this page
  • Distintos colectivos sociais do municipio sumáronse a esta iniciativa para dar exemplo e contribuír á concienciación da poboación sobre a necesidade de manter os mares limpos, fonte de vida e riqueza.
  • A iniciativa conta co apoio de Sogama que, con motivo desta efeméride, lanzou a campaña “O mar non é un vertedoiro”.

Cerceda, a 10 de xuño de 2019.- O Día dos Océanos, celebrado o pasado sábado, 8 de xuño, xerou un sinfín de actuacións a través das cales distintos colectivos sociais quixeron evidenciar a grave ameaza que os residuos mariños representan para o mar e as súas negativas consecuencias para os ecosistemas, a fauna, a pesca, o turismo e a propia alimentación humana.

Con tal fin, Sogama difundiu unha campaña co título “O mar non é un vertedoiro”, a disposición dos interesados na súa páxina web, a través da cal alude a esta problemática e solucións que xa se están xestando a nivel europeo para combater o lixo mariño, conformado maioritariamente por plásticos, pero que nun 80% teñen a súa orixe en terra.

De aí que se volva a chamar a atención sobre a prevención, a menor xeración de refugallos en orixe e a correcta xestión dos mesmos, depositando cada tipoloxía no contedor correspondente para que poidan ser reciclados e convertidos en novos produtos; un xesto co que, ademais, aforrarase enerxía e materias primas.

Son numerosas as iniciativas que estes días centráronse na limpeza dos arenais para facer partícipe á poboación en torno á riqueza que albergan os océanos e a necesidade de preservalos. Entre elas, a campaña promovida polo concello lucense de Burela baixo o lema “Os nosos océanos, o noso futuro”, apoiada por Sogama, e que contempla unha serie de actividades desenvolvidas por distintos colectivos sociais.

Así, esta mesma mañá a Asociación A Mariña limpou a praia de Ou Cabalino e esta tarde tocaralle a quenda á de A Marosa, a cargo da Asociación Camiña. O vindeiro mércores, día 12, o protagonismo recaerá na Fundación Eu Son, que recollerá lixo na praia de O Portelo, culminando a semana coa limpeza da zona de O Perdouro.

Accións todas elas cunha mensaxe clave: evitar que os arenaos, contornas naturais únicos, sigan ensuciándose como consecuencia das malas condutas humanas.

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Xuñ 2019

Galería