Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Cada español reciclou o pasado ano 5,30 quilos de RAEE, un 25% máis que en 2015

Print this pagePrint this page
  • Isto foi posible grazas ao traballo efectuado polos sistemas dedicados á xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, coordinados á súa vez a través de OfiRaee, así como á colaboración de todos os axentes da cadea.
  • Desta forma, España logrou xestionar en 2017 preto de 247.000 quilos de RAEE, evidenciando o debido cumprimento da normativa europea na materia.
  • Os acordos e convenios de colaboración formalizados coas administracións autonómicas e locais, así como con outras entidades, contribuíron igualmente a alcanzar estes resultados.
  • Tamén as campañas de concienciación social como a desenvolvida en Galicia baixo o lema “O que se enchufa recíclase”
  • Cerceda, a 16 de abril de 2018.- Grazas á actividade dos sistemas colectivos dedicados á xestión de RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), e que se atopan agrupados en OfiRaee, isto é, Ambilamp, Ecoasimelec, Ecofimática, Ecolum, Ecolec, Eco-Raee´s, Ecotic e ERP, así como á colaboración dos distintos actores da cadea (fabricantes, distribuidores, consumidores e xestores), España xestionou o pasado ano preto de 247.000 quilos de RAEE, dato que evidencia o debido cumprimento dos obxectivos europeos de reciclado. Esta cifra supón que cada español reciclou 5,30 quilos en 2017, o que vén a representar un 25% máis que en 2015, ano no que entrou en vigor o RD 110/2015, que transpuso ao dereito español a Directiva 2012/19/UE sobre RAEE.

    OfiRaee considera que se trata duns datos moi positivos que veñen a acreditar o éxito do sistema e a validez do modelo que promoven os sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor (SCRAP). A coordinación eficaz e eficiente de todos eles, mediante a plataforma informática OfiRaee, coa administración autonómica, os entes locais e os puntos limpos, posibilitou o cumprimento dos cada vez máis esixentes obxectivos de reciclado e valorización establecidos por Europa..

    Neste escenario, tamén resultaron cruciais os acordos e convenios de colaboración subscritos coas administracións, tanto autonómicas como locais, así como con outras entidades, e as propias campañas de información, formación e concienciación orientadas a sensibilizar aos cidadáns sobre a necesidade de efectuar unha recollida selectiva destes residuos e depositalos nos lugares axeitados para facilitar a súa posterior recuperación e reciclado. É o caso de “O que se enchufa, recíclase”, posta en marcha en Galicia, ou ben “A RAEEvolución”, con cobertura para Extremadura.

    Xa no primeiro Congreso Nacional de RAEE celebrado o xuño de 2017 en Antequera baixo o lema “Comprometidos co medio ambiente”, evidenciouse o cumprimento, por parte do sector, dos preceptos da economía circular ao reducir a extracción de recursos naturais.

    Fonte: http://www.eco-raee.com/

    Foto: Pixabay

    Saúdos, Departamento de Comunicación

16 Abr 2018

Galería