SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Caderno Verde" abre a porta ao alumnado de Educación Secundaria

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A plataforma de educación ambiental de Sogama www.cadernoverde.gal regresa ás aulas galegas con novos contidos para primaria e, por primeira vez, cun itinerario específico para ESO.
  • A través de distintas actividades didácticas e lúdicas, que entroncan coas materias contempladas no currículo académico, a pretensión última desta ferramenta pedagóxica é formar e concienciar aos escolares na protección do medio ambiente e na xestión sostible dos residuos urbanos.

Cerceda, a 7 de outubro de 2021.- A plataforma educativa de Sogama www.cadernoverde.gal, regresa ás aulas galegas de primaria con novos contidos ambientais vinculados ás distintas materias que conforman o currículo académico, prestando especial atención ás áreas de Coñecemento do Medio, Matemáticas, Lingua e Inglés.

Non obstante, durante o curso 2021-2022, e a diferenza dos anteriores, este sitio web abrirá a porta aos alumnos e alumnas de secundaria. Os contidos deseñados para este colectivo terán unha estrutura similar ao dos pequenos, pero estarán impregnados dunha maior carga lúdica. “O secredo do Caderno Verde” será o título do relato-xogo onde os estudantes de ESO deberán facer fronte a unha serie de actividades sucesivas para chegar con éxito ao obxectivo establecido. En función da súa elección, seguirán un camiño ou outro para completar o relato, debendo resolver unha serie de desafíos que estarán ligados fundamentalmente ás boas prácticas nos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

No caso de primaria, as fichas didácticas estarán conformadas por distintas pezas interactivas (é o caso de verdadeiro/falso; arrastra ao lugar correcto; escolle a opción; marca a palabra ou frase;  colorea; sopa de letras; cadros de diálogo; relación de conceptos e imaxes, …) nas que se incluirán elementos formativos novidosos co fin de seguir avanzando cara a unha maior protección ambiental en Galicia e, moi especialmente, cara a unha xestión máis sostible dos residuos urbanos producidos na nosa comunidade.

En concreto, esta semana arrincou a primeira ficha didáctica da tempada enmarcada na asignatura de Matemáticas e centrada nas medidas de capacidade.

VISITAS E USUARIOS EN CONSTANTE INCREMENTO

Os seguidores de Caderno Verde fóronse incrementando ano tras ano, e os seus contidos serven de reforzo en moitos centros escolares.

Se en 2019, cadernoverde.gal rexistrou 28.588 visitas e 190.641 páxinas vistas, en 2020 estas cifras creceron ata as 34.333 visitas e 224.209 páxinas vistas, o que se traduce nun aumento do 20,10 e 17,61% respectivamente.

Saúdos, Departamento de Comunicación

7 Out 2021

Galería