Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

"Cambio climático, a nova máis urxente", lema do XII Congreso do Xornalismo Ambiental

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Presidido pola Súa maxestade o Rei Felipe VI, celebrarase en Valencia os próximos días 15 e 16 de novembro, concretamente no Auditorio Mar Rojo de L´Ocenaogràfic.
  • A previsión é que a esta cita asistan máis de 40 expertos de diversos ámbitos co obxectivo de intercambiar coñecementos e reflexionar sobre os efectos do cambio climático e como se está a abordar este fenómeno nos medios de comunicación.
  • A conferencia inaugural do evento correrá a cargo do director de Publicacións e investigador principal no Worldwatch Institute, Gary T. Gardner, cuxa intervención terá continuidade con nove mesas de debate que se levarán a cabo durante as dúas xornadas.
  • Abordaranse, entre outras, temáticas de gran interese tales como  a biodiversidade, os recursos hídricos, a alimentación, as migracións climáticas e a economía circular.

Cerceda, a 17 de novembro de 2017.-  Baixo o lema “Cambio Climático, a nova máis urxente”, a Asociación de Xornalistas de Información Ambiental (APIA) celebrará en Valencia os próximos días 15 e 16 de novembro, concretamente no Auditorio Mar Rojo de L´Ocenaogràfic, o seu XII Congreso Nacional.

A previsión é que a esta cita asistan máis de 40 expertos de diversos ámbitos co obxectivo de intercambiar coñecementos e reflexionar, tamén desde diferentes ópticas, sobre o cambio climático, un fenómeno sen precedentes que traerá consigo profundos cambios para a humanidade, analizando igualmente como se está a abordar este problema nos medios de comunicación e que enfoque se lle están dando ao quentamento global.

A conferencia inaugural do evento, presidido pola Súa Maxestade o Rei Felipe VI, correrá a cargo do director de Publicacións e investigador principal no Worldwatch Institute, Gary T. Gardner, cuxa intervención terá continuidade con nove mesas de debate que se levarán a cabo durante as dúas xornadas.

No transcurso da primeira mesa, desgranarase a forma en que xornalistas e medios de comunicación informan sobre o cambio climático. Para isto contarase coa intervención de redactores especializados na materia, ONG e institucións académicas. Falarase tamén, en sesións posteriores, e coa axuda de expertos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), sobre a incidencia deste fenómeno na biodiversidade, debaterase sobre os recursos hídricos e a planificación hidrolóxica no contexto mediterráneo e clima cambiante, e repensarase o papel que deben xogar as cidades sostibles ante o reto que representa o quentamento global.

As migracións climáticas abrirán a segunda xornada co obxectivo de analizar os desprazamentos xerados polas perturbacións no clima, formas de abordalos e modificacións que traen consigo para os mercados de traballo, tanto a nivel local como global. A alimentación será outra das grandes temáticas, ao igual que como facer fronte ao gran desafío tecnolóxico e ao reto que representa cambiar o actual modelo de produción e consumo, propio dun modo de vida lineal. O tránsito cara á economía circular, caracterizada polo máximo aproveitamento dos recursos naturais e a diminución da xeración de residuos, constituirá outro dos asuntos de maior relevancia. O peche do do segundo día virá da man dos documentalistas e o seu legado, con quen se prevé unha charla.

O Congreso de APIA celébrase en paralelo á Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP 23), que ten lugar en Bonn.

SOBRE APIA

Creada a finais de 1994, a Asociación de Xornalistas de Información Ambiental (APIA) aglutina a xornalistas de toda España (máis de 200) que traballan no ámbito da información sobre medio ambiente.

Entre os seus obxectivos atópanse velar pola independencia e obxectividade dos contidos informativos e divulgar con rigor a información medioambiental; defender a liberdade no exercicio profesional dos seus asociados; facilitar o diálogo e acceso ás fontes informativas; e representar aos seus asociados en cuestións e temas de índole profesional.

Así mesmo, a asociación leva a cabo tamén a organización de actividades destinadas a promover o debate medioambiental e favorecer o encontro con persoas e organismos nacionais e internacionais que traballan nesta área.

Fonte: APIA. Máis información en www.apiaweb.org

Saúdos, Departamento de Comunicación

13 Nov 2017

Galería