SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Cara a envases plásticos más sostibles

Print this pagePrint this page
  • Trala publicación da primeira Estratexia Europea sobre Plásticos, imponse unha nova economía do plástico coa que se persegue reducir o plástico dun só uso, así como os microplásticos, e posibilitar que todos os envases plásticos sexan reciclables ou reutilizables antes de 2030.
  • A sostibilidade dun envase vén marcada por seis elementos claves: ecodeseño, utilización de materiais renovables, incorporación de plástico reciclado, mellora da reciclabilidade do envase, desenvolvemento de envases biodegradables ou compostables, e optimización dos procesos de transformación.

Cerceda, a 11 de abril de 2019.- Trala publicación da primeira Estratexia Europea sobre Plásticos, establecéronse as bases para unha nova economía do plástico coa que se persegue reducir o plástico dun só uso, así como os microplásticos, e posibilitar que todos os envases de plástico sexan reciclables ou reutilizables antes de 2030.

Non obstante, estamos ante unha transformación na forma en que se conciben, deseñan, utilizan e reciclan os envases plásticos, avanzando cara a un  novo modelo que impulsará a creación de novos postos de traballo e oportunidades de investimento.

AIMPLAS proporciona seis medidas para que un envase cumpra cos criterios de sostibilidade:

  1. O ecodeseño , é dicir , que se deseñe baixo criterios de reparabilidade, posibilidade de actualización, reutilización e reciclabilidade. Esta medida implica unha análise do ciclo de vida do produto a fin de optimizalo e reducir os custos vinculados á cantidade de materiais empregados na súa fabricación e a unha maior eficiencia, tamén no transporte. De feito, o ecodeseño  dun produto pode representar unha redución do seu impacto ambiental ata un 80%, xunto co  aforro económico asociado.
  2. Utilización de materiais renovables, toda vez que  poden supoñer unha diminución da pegada de carbono do produto, resultando conveniente que os devanditos materiais se usen en cascada con varios ciclos de reutilización e reciclaxe.
  3. Incorporación de plástico reciclado, o que supón tamén unha redución da pegada de carbono e un aforro económico de materias primas.
  4. Mellora da reciclabilidade do envase. En 2030, todos os produtos deben ser reciclables, polo que a capacidade recicladora de plásticos na UE debe ampliarse e modernizarse. Isto implicará un maior volume de negocio, así como a creación de postos de traballo e unha redución da dependencia de Europa respecto das importacións de combustibles fósiles e emisións de CO2.
  5. Desenvolvemento de envases biodegradables ou compostables. Actualmente son numerosas as aplicacións dos bioplásticos, acollendo o sector do envase o 60% das mesmas. No envase ríxido, as máis comúns danse na cosmética e en botellas de bebidas. No envase flexible, a diversidade de biomateriais é máis ampla, tendo maior presenza nos envases para alimentos (froitas, verduras, doces).
  6. Optimización dos procesos de transformación a fin de minimizar o consumo de enerxía e diminuír residuos, apostando polas mellores tecnoloxías dispoñibles que permitan eliminar ineficiencias, constituíndo a industria 4.0 o modelo a seguir.

Fonte e imaxe: Aimplas

Saúdos, Departamento de Comunicación

 

11 Abr 2019

Galería