Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Cara a un maior compromiso social cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Print this pagePrint this page
  • Ecoembes e a Rede Española para o Desenvolvemento Sostible (REDS)  formalizaron recentemente un acordo de colaboración a través do cal se comprometen a seguir traballando conxuntamente co loable fin de contribuír a resolver os problemas sociais, económicos e ambientais para o período 2015-2030.
  • No marco deste convenio publicaranse este  mesmo ano dous informes cos que se pretende divulgar coñecemento e solucións no ámbito da sostibilidade

Cerceda, a 14 de febreiro de 2018.- Ecoembes e a Rede Española para o Desenvolvemento Sostible (REDS) formalizaron recentemente un acordo de colaboración co fin de impulsar conxuntamente o compromiso da sociedade cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados pola ONU (Organización das Nacións Unidas).

No marco deste convenio, a través do cal ambas entidades se comprometen a seguir traballando para contribuír a resolver os problemas sociais, económicos e ambientais para o período 2015-2030, elaboraranse dous informes que verán a luz ao longo do presente ano. Un deles é “Educación para a Sostibilidade en España 2018”, como continuación ao editado en 2017, e o outro “Informe ODS para as Universidades españolas”.

O obxectivo destas publicacións é difundir o coñecemento na materia para desenvolver solucións coas que facer fronte aos principais problemas que afectan ao planeta, isto é, a pobreza, o cambio climático, a educación e o acceso á auga, entre outros. Preténdese axuntar así a experiencia e os recursos do sector académico co labor que, neste ámbito, se leva cabo desde as Administracións Públicas e o tecido empresarial.

A ECONOMÍA CIRCULAR COMO MARCO DE REFERENCIA

No acto de firma do convenio, protagonizado polo conselleiro delegado de Ecoembes, Óscar Martín, e Miguel Ángel Moratinos, en calidade de portavoz da REDS, este último salientou a importancia da economía circular para lograr a eficiencia dos recursos, proporcionando a Axenda 2030 as claves sobre como lograr o benestar para todos dentro dos límites do Planeta.

Pola súa banda, o máximo responsable de Ecoembes destacou o privilexio, así como a responsabilidade, que supón traballar no desenvolvemento de actividades coas que dar visibilidade aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, así como o papel protagonista que, neste sentido, ten a educación.

A Axenda 2030 está conformada por 17 obxectivos de aplicación universal que constitúen a guía para lograr un mundo máis sostible. Contémplanse así, entre outras, iniciativas orientadas a erradicar a pobreza, loitar contra a desigualdade, promover a educación, protexer a saúde, fomentar o emprego e loitar contra o cambio climático.  A consecución destas metas require da colaboración dos gobernos, o sector privado, a sociedade civil e os cidadáns, asegurando así un mellor legado para as xeracións futuras.

A Rede Española para o Desenvolvemento Sostible é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral das Nacións Unidas cuxa misión é precisamente mobilizar e sensibilizar á sociedade española, ás institucións públicas e ao sector privado para que coñezan con máis rigor os ODS, favorecendo ao mesmo tempo a súa incorporación ás políticas públicas, ao ámbito empresarial e no comportamento da sociedade.

A Rede conta actualmente con 45 membros académicos pertencentes a Universidades e centros de investigación de toda España.

Fonte e foto: Ecoembes

Saúdos, Departamento de Comunicación

14 Feb 2018

Galería