Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Cerceda, epicentro da nova edición de Ibernáutica 2018

Print this pagePrint this page
  • Baixo o título “Augas interiores, a recuperación de espazos naturais, mineiro-industriais, os seus usos sostibles”, terá lugar os próximos días 15 e 16 de novembro no auditorio municipal.
  • O evento, apoiado por diversas entidades públicas e privadas, abordará temáticas de gran interese tales como a xestión sostible dos recursos hídricos, a recuperación ambiental da mina de Meirama, os usos turísticos das augas interiores e a evolución da gastronomía rural na Galicia interior.
  • Con tal fin, máis dunha trintena de relatores de alto nivel (cargos políticos, técnicos e empresarios) daranse cita en Cerceda para compartir coñecementos e experiencias na materia.

Cerceda, a 8 de novembro de 2018.- A localidade coruñesa de Cerceda acollerá, durante os próximos días 15 e 16 de novembro, unha nova edición de Ibernáutica 2018, na que cobrará protagonismo a xestión das augas interiores e os usos sostibles da recuperación de espazos naturais e mineiro-industriais, sendo un bo exemplo o lago de Meirama.

Tres intensas xornadas que se desenvolverán no auditorio cercedense e nas que se abordarán temáticas de gran interese como o propio proxecto da recuperación ambiental da mina de Meirama, a xestión sostible dos recursos hídricos, a evolución da gastronomía rural no Galicia interior e nos Camiños de Santiago, o desenvolvemento económico das augas interiores da nosa comunidade e usos turísticos, así como a práctica deportiva en augas interiores de España e Galicia.

Máis dunha trintena de relatores de alto nivel, entre os que se atopan expertos de recoñecido prestixio tales como Felipe Macías, Catedrático do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela, e Juan Antelo Cortizas, profesor-investigador “Ad Honorem” da mesma Universidade, ademais de cargos políticos e técnicos tales como o Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a Directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez López, o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga Díaz, e a Secretaria Xeral de Turismo de Galicia, María Nava Castro, entre outros, darán conta dos seus coñecementos e experiencia na materia.

O evento  conta co apoio e colaboración de numerosas entidades, tanto públicas como privadas, podendo citar o Concello de Cerceda e o seu Alcalde, José García Liñares, a Xunta de Galicia, ABanca, o Ministerio para a Transición Ecolóxica, a Deputación da Coruña, a USC, Augas de Galicia e o Clúster Turismo de Galicia.

Toda a información en https://ibernautica.com/programa/  

Saúdos, Departamento de Comunicación

8 Nov 2018

Galería