Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

A cidade mexicana de Tijuana prohíbe as bolsas plásticas desechables

Print this pagePrint this page
  • O pasado 23 de agosto, o cabildo acordou prohibir a súa entrega, obsequio ou venda, incluíndo as biodegradables.
  • A medida, que xurdiu no marco dun traballo conxunto que a urbe levou a cabo con ONU Medio Ambiente, cando decidiu adherirse á campaña “Mares Limpos”, conta co apoio do sector empresarial da cidade e da sociedade civil.
  • Os comercios disporán dun prazo de 24 meses para adaptarse á nova regulamentación.
  • Uns 60 países xa ditaron medidas e algúns están traballando en leis orientadas a prohibir e gravar as bolsas de plástico e os artigos de poli3stireno expandido.

Cerceda, a 13 de septiembre de 2018.- Tijuana, a primeira cidade mexicana na fronteira con Estados Unidos, decidiu prohibir as bolsas plásticas. O pasado 23 de agosto, o cabido acordou modificar o seu regulamento de protección medioambiental e prohibir a entrega, obsequio ou venda de bolsas desechables de calquera material plástico, incluíndo as biodegradables. Os comercios disporán dun prazo de 24 meses para adaptarse á nova regulamentación.

A medida, que conta co apoio do sector empresarial da cidade a través da Cámara Nacional da Industria de Transformación CANACINTRA Tijuana, así como da asociación civil Economía Verde Aplicada, xurdiu dun traballo conxunto que a urbe levou a cabo co Programa das Nacións para o Medio Ambiente cando, en xuño de 2017, decidiu adherirse á campaña “Mares limpos”, coa que se pretende diminuír a contaminación dos océanos provocada por residuos plásticos, toda vez que ameazan a biodiversidade mariña, o turismo, a pesca, a seguridade alimentaria e a saúde humana. Calcúlase que 13 millóns de residuos plásticos acaban en ríos, mares e océanos cada ano. De perpetuarse esta tendencia, en 2050 haberá máis plásticos que peixes nos mares.

O director rexional para América Latina e o Caribe de ONU Medio Ambiente, Leo Heileman, aplaudiu a iniciativa e enxalzou o acordo entre goberno, sector privado e sociedade civil para levala a cabo, recordando que a maior parte das bolsas plásticas que cada ano se consumen no mundo (5 billóns) acaban no mar.

De acordo co estudo de ONU Medio Ambiente “Plásticos dun só uso: unha folla de ruta para a sostibilidade”, uns 60 países xa ditaron medidas e algúns están traballando en leis orientadas a prohibir e gravar as bolsas de plástico e os artigos de poliestireno expandido. No caso de Tijuana, situada á beira do Océano Pacífico e cunha poboación aproximada de 1,6 millóns de habitantes, a prohibición de bolsas plásticas constitúe para a súa rexedora un paso importante para garantir praias limpas, condicións de vida saudable e, en definitiva, unha cidade sostible.

15 países de América Latina e O Caribe xa se sumaron á campaña “Mares Limpos”. É o caso de Arxentina, Barbados, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, Granada, Guyana, Honduras, Panamá, Perú, República Dominicana, Santa Lucía e Uruguai.

En outubro do pasado ano, España tamén se adheriu a esta iniciativa.

Fonte e foto: ONU Medio Ambiente

Saúdos, Departamento de Comunicación

13 Set 2018

Galería