SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

CIRC4Life lanza unha enquisa aos consumidores europeos sobre hábitos de reutilización e reciclaxe

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Estará aberta ata o próximo 16 de setembro e pretende indagar nas actitudes dos cidadáns en materia de reutilización e reciclaxe a fin  de involucralos na creación e deseño de novos modelos de negocio baseados na economía circular e crear conciencia ambiental.
  • Coordinado pola Universidade de Nottingham, o consorcio deste proxecto está conformado por 17 equipos asociados de 8 países da UE. Iniciado en maio de 2018, terá unha duración de 3 anos  e conta cun orzamento de máis de 7 millóns de euros.
  • Os novos modelos de negocio demostraranse a gran escala en catro áreas industriais: produtos de iluminación domésticos e industriais, cultivo de verduras e alimentos, cadea de subministración de carne e reutilización e reciclaxe de tabletas informáticas.

Cerceda, a 1 de agosto de 2019.- O proxecto de investigación CIRC4LIFE, que ten por obxecto desenvolver e implementar un enfoque de economía circular para produtos e servizos sostibles a través das súas cadeas de valor e subministración, lanzou unha enquisa, que estará aberta ata o próximo 16 de setembro, dirixida aos consumidores europeos sobre as súas actitudes en materia de reutilización e reciclaxe. A pretensión é involucralos na creación e deseño de novos modelos de negocio baseados na economía circular e crear conciencia ambiental.

Coordinado pola Universidade de Nottingham, o consorcio do proxecto está conformado por 17 equipos asociados de 8 países da UE. Iniciado en maio de 2018, terá unha duración de 3 anos  e conta cun orzamento de máis de 7 millóns de euros.

CIRC4LIFE pretende desenvolver tres modelos de negocio de economía circular que inclúen a creación conxunta do modelo de produtos e servizos, que achegará aos usuarios finais ás fases de deseño e produción identificando as súas preferencias a través de ferramentas tales como Big-Data e Living Labss; un modelo de consumo sostible para proporcionar unha solución de trazabilidade coa que controlar a sostibilidade do produto ao longo da cadea de valor e apoiar a implementación da economía circular a través de actividades de sensibilización e intercambio de coñecementos; e un modelo colaborativo de reciclaxe e reutilización a través do cal se desenvolverá un sistema para que as partes interesadas interactúen entre si coa pretensión de facilitar a reutilización e a reciclaxe dos produtos ao final da súa vida útil e reducir o desperdicio, outorgando créditos ecolóxicos para alentar ás persoas a reciclar e a reutilizar.

Estes novos modelos de negocio demostraranse a gran escala en catro áreas industriais: produtos de iluminación domésticos e industriais, cultivo de verduras e alimentos, cadea de subministración de carne e reutilización e reciclaxe de tabletas informáticas.

Así mesmo, desenvolverase un medio eficaz para comunicarse con distintas comunidades a fin de difundir o resultado do proxecto e involucrar a un bo número de partes interesadas ao longo das cadeas de valor e subministración durante o proxecto, incluíndo aos usuarios finais, produtores, investigadores e a propia sociedade civil.

Fontes: CIRC4Life e Residuos Profesional

Imaxe: CIRC4Life

Saúdos, Departamento de Comunicación

1 Ago 2019

Galería