SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Comezan as charlas formativas nos 25 colexios adscritos ao programa "Recíclate con Sogama"

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Os centros participantes contan xa cos medios materiais e didácticos aportados por esta empresa pública para o correcto desenvolvemento dos seus respectivos proxectos.
  • O obxecto destas xornadas non é outro que explicar os conceptos básicos da sostibilidade aplicada a residuos, solventar as dúbidas formuladas e abrir un debate construtivo sobre a problemática que representa a elevada xeración de lixo e como combatela.
  • A mediados de curso, levarase a cabo unha nova visita aos colexios e, cara ao mes de maio, efectuarase unha final na que, ademais, realizaranse as caracterizacións dos contedores que conforman as illas de reciclaxe.

Cerceda, a 10 de xaneiro de 2020.-  Trala dotación de medios materiais (illas de reciclaxe e composteiros) e didácticos (guías, presentacións, vídeos, etc), esta mesma semana comezaron as sesións formativas nos 25 centros escolares que participan no programa “Recíclate con Sogama”, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.

A pretensión desta iniciativa, que alcanza xa a 13ª edición, é que a comunidade educativa interiorice a importancia que ten a xestión sostible dos residuos urbanos e que se implique na mesma a través do consumo responsable, a prevención, a reutilización e a reciclaxe.

Con tal fin, os centros participantes contan xa coas denominadas illas de reciclaxe, conformadas por tres contedores de 120 litros de capacidade (amarelo, azul e verde) para que docentes e alumnos poidan segregar os residuos producidos e depositalos nestes recipientes para propiciar o seu posterior reciclado.

Así mesmo, aos colexios que contan con servizo de comedor, fíxoselles chegar un composteiro, de 400 litros de capacidade e fabricado con materiais reciclados e reciclables, para que teñan a oportunidade de elaborar compost a partir dos residuos orgánicos e utilizalo como fertilizante natural na súas hortas e xardíns

PLAN DE ACCIÓN

Tras unha primeira visita a todos os colexios, que tivo lugar antes de Nadal por parte de educadores ao servizo de Sogama a fin de recoller os datos básicos de partida, este mes efectuaranse en todos eles senllas xornadas de formación a fin de explicar os conceptos básicos da sostibilidade aplicada a residuos, explicar as dúbidas formuladas e abrir un debate construtivo sobre a problemática que, nas sociedades modernas, representa a elevada xeración de lixo e como combatela a través das boas prácticas.

Así mesmo, os monitores comprobarán a evolución dos proxectos nos distintos centros e prestarán asesoramento para que poidan dar resposta aos obxectivos previstos.

A mediados de curso terá lugar unha nova visita aos colexios e, cara ao mes de maio, levarase a cabo unha final, que será aproveitada para realizar as caracterizacións dos contedores que conforman as illas de reciclaxe e extraer así datos sobre a porcentaxe de impropios e calidade dos materiais depositados nos mesmos.

Esta información incluirase na avaliación final das memorias que cada centro debe presentar a través da aplicación informática do Plan Proxecta.

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Xan 2020

Galería