SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A compostaxe doméstica gaña terreo nas localidades coruñesas de Moeche e Cedeira

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Ambos os dous municipios estenden os seus programas a máis de medio cento de familias, sumando máis de 200 as vivendas que converterán os seus restos orgánicos en compost, evitando o seu depósito no contedor convencional.
  • Esta práctica contribuirá a aforrar custes, tanto ambientais como económicos.
  • Tanto a subministración dos composteiros como do material didáctico e a formación dos participantes, corre a cargo de Sogama.

Cerceda, a 24 de setembro de 2021.- Moeche e Cedeira estenden os seus programas de compostaxe a máis de medio cento de familias (25 no primeiro caso e 30 no segundo), posibilitando desta forma que a autoxestión da materia orgánica avance de forma progresiva nestes dous concellos coruñeses, dadas as súas vantaxes ambientais, económicas e sociais.

Con esta nova partida, Moeche pasará a ter 45 composteiros en funcionamento, e, Cedeira, 170. Isto significa que máis de 200 vivendas unifamiliares de ambos os dous municipios con terreo (horta, xardín ou terras de cultivo) converterán os seus restos orgánicos en compost, evitando desta forma o seu depósito no contedor convencional.

Con isto, e máis aló das vantaxes ambientais que trae consigo esta práctica, xa que permite reducir a frecuencia de recollida e transporte do lixo xenérico e, polo tanto, diminuír as emisións de CO2 á atmosfera, representa tamén un aforro para as arcas locais.

Sogama impartirá a formación correspondente aos participantes, que será presencial se as circunstancias así o permiten, e entregará aos mesmos manuais didácticos nos que se describe a operativa a seguir, explicando onde debe colocarse o composteiro, que debe introducirse no mesmo e que importancia ten o control de parámetros tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade para a obtención dun compost de alta calidade.

Con esta iniciativa preténdese poñer en valor a materia orgánica mediante a súa transformación nun abono natural que virá substituír aos fertilizantes artificiais e que, ademais de achegar nutrientes ao solo, protéxeo fronte a pragas e enfermidades.

Dado que a materia orgánica representa en torno ao 42% da composición media dunha bolsa de lixo tipo, se esta se recupera en orixe, afórranse custos, tanto ambientais como económicos, erixíndose en todo un exemplo de economía circular.

Os interesados poden completar os seus coñecementos en www.compostaconsogama.gal

Saúdos, Departamento de Comunicación

24 Set 2021

Galería