SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Confianza en que a Segunda Conferencia sobre os Océanos represente un hito na protección mariña

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Celebrarase en Lisboa, do 2 ao 6 de xuño, e sobre a mesma puxéronse grandes expectativas para preservar a saúde da vida mariña e terrestre.
  • O océano produce "a metade do osíxeno que respiramos" e proporciona alimentos a millóns de persoas en todo o mundo”, á vez que desempeña un "papel fundamental na loita contra o cambio climático".
  • O uso insostible e o abuso dos recursos oceánicos, xunto co cambio climático e a contaminación, ameazan a capacidade dos nosos océanos para abastecernos", de aí a necesidade de transitar cara a unha economía ecolóxica. 

Cerceda, a 12 de febreiro de 2020.- A segunda Conferencia Mundial sobre os Océanos, que terá lugar en Lisboa (Portugal), do 2 ao 6 de xuño, pode representar un punto de inflexión para preservar a saúde da vida mariña e terrestre.

Así o explicou recentemente o presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Tijjani Muhammad-Bande, con motivo do inicio dos preparativos deste evento en Nova York. Destacou que o océano produce "a metade do osíxeno que respiramos" e proporciona alimentos a millóns de persoas en todo o mundo”, á vez que desempeña un "papel fundamental na loita contra o cambio climático ao actuar como sumidoiro de calor e carbono".

Subliñou que un dos principais obxectivos da Conferencia será promover solucións innovadoras con base científica relacionadas coa xestión mundial dos océanos, toda vez que "un ecosistema mariño limpo posúe un potencial incalculable para cumprir coa totalidade da Axenda de Desenvolvemento Sostible", engadindo que "o uso insostible e o abuso dos recursos oceánicos, xunto co cambio climático e a contaminación ameazan a capacidade dos nosos océanos para abastecernos". 

RETOS

Pese a concentrar unha cuarta parte de toda a vida mariña, a metade dos arrecifes de coral perdéronse, afectando negativamente á seguridade alimentaria mundial. A este factor habería que engadir a pesca ilegal, non declarada nin regulamentada, que supón unha carga adicional para os ecosistemas.

Ademais de todo isto, o aumento do nivel do mar causado polo cambio climático suscita unha ameaza existencial, especialmente para os pequenos Estados insulares en desenvolvemento. De aí que a transición a unha economía ecolóxica resulte esencial.

Pola súa banda, o enviado especial do Secretario Xeral para os Océanos, Peter Thomson, esbozou diversos problemas aos que se enfrontan os océanos, como é o caso da contaminación -tanto por plásticos como polos vertidos industriais agrícolas- e a sostibilidade das industrias pesqueiras por mor de prácticas nocivas .Con todo, destacou que son máis difíciles de solucionar os problemas relacionados con a acidificación, a perda de osíxeno e o quecemento dos océanos, todos eles vinculados ás emisións de gases de efecto invernadoiro.

Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente

Saúdos, Departamento de Comunicación

12 Feb 2020

Galería