SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Congreso Internacional de Sostibilidade Medioambiental, unha cita coa economía verde

Print this pagePrint this page
  • Terá lugar o próximo 31 de outubro en Madrid, erixíndose en punto de encontro para todos os actores implicados no coidado da contorna.
  • O evento aglutinará a exposición de proxectos e casos exitosos de xestión e gobernanza ambiental, así como debates e intercambios de coñecementos e experiencias na materia.
  • Entre as temáticas a abordar, cabería destacar o investimento socialmente responsable, o tratamento de residuos, o ciclo integral da auga, a economía circular, a lexislación e protección xurídica do medio ambiente, a mobilidade sostible, as infraestruturas urbanas eficientes e a enerxía verde e renovable, entre outras.

Cerceda, a 11 de setembro de  2019.-  Baixo o título “Congreso Internacional de Sostenibilidad Medioambiental”, o próximo 31 de outubro terá lugar en Madrid, concretamente no Auditorio Caixa de Música do Palacio de Cibeles, unha cita co medio ambiente na que estarán presentes os actores implicados na súa protección. É o caso dos gobernos rexionais e locais, as empresas, os profesionais vinculados á saúde ambiental e a sociedade civil en xeral.

O evento aglutinará a exposición de proxectos e casos exitosos de xestión e gobernanza ambiental, ademais de debates e intercambios de coñecementos e experiencias na materia. Neste marco, abordaranse asuntos de gran interese tales como o investimento socialmente responsable, o tratamento de residuos, o ciclo integral da auga, a economía circular, a lexislación e protección xurídica do medio ambiente, a mobilidade sostible, as infraestruturas urbanas eficientes, e a enerxía verde e renovable, entre outros.

PENSANDO EN VERDE

O Investimento Socialmente Responsable (ISR) distingue a aqueles proxectos que integran criterios ambientais, de impacto social e de gobernanza, así como o financiamento verde dos mesmos, destinados a mellorar a eficiencia enerxética na loita contra o quecemento global e o cambio climático.

Pola súa banda, o correcto tratamento dos residuos urbanos constitúe unha prioridade que esixe actuar de forma global e coordinada en todo o proceso de tratamento, incluíndo obxectivos de prevención e máximo aproveitamento dos recursos.

O abandono da economía lineal, sustentada nas malas prácticas de usar e tirar, e a transición cara a unha circular require un cambio de modelo produtivo no que debe cobrar protagonismo a innovación, as novas tecnoloxías e a globalización. O cumprimento do Acordo Climático de París e da Axenda 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) resultan claves para promover a economía do futuro, que non é outra que a economía verde.

O dereito a gozar dun medio ambiente san e sostible é un dereito fundamental que debe contar coa protección xurídica do Estado. É por isto que a lexislación na materia resulta esencial para garantir a vida en todas as súas formas e loitar contra a contaminación e os seus negativos efectos.

Cabe sinalar igualmente que os índices de contaminación atmosférica derivada do transporte nos grandes núcleos urbanos considérase xa un grave problema de saúde pública, de aí a necesidade de fomentar a mobilidade sostible a través de formas de transporte enerxeticamente máis eficientes e ecolóxicas a fin de diminuír as emisións de efecto invernadoiro.

As Infraestruturas urbanas eficientes fanse necesarias para alcanzar moitos dos ODS, debendo contar para isto de fontes de enerxía fiables, dispoñibilidade de auga potable, educación, seguridade, servizos sociais e económicos.

Fonte: https://cism.cambio16.com/#customRowCism

Saúdos, Departamento de Comunicación

11 Set 2019

Galería