SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A conmemoración da Semana Europea da Prevención de Residuos culmina en Oroso

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Este municipio coruñés participa na campaña impulsada por Sogama e a Consellería de Medio Ambiente baixo o lema “O Marrón, o contedor que devolve vida”.
  • Con tal fin, habilitarase mañá na localidade un punto informativo que estará atendido por educadores especializados e a través do cal se explicará á veciñanza os pormenores da recollida selectiva do contedor marrón, destinado a acoller unicamente materia orgánica.
  • Os concellos galegos teñen de prazo ata o 31 de decembro de 2023, tal e como estipula a normativa europea, para instaurar a recollida diferenciada desta fracción de residuos.

Cerceda, a 26 de novembro de 2021.- A campaña “O Marrón, o contedor que devolve vida”, promovida por Sogama e a Consellería de Medio Ambiente no marco da Semana Europea da Prevención de Residuos 2021, culmina mañá, día 27, en Oroso (A Coruña). Neste municipio habilitarase un punto informativo que estará activo de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:00 horas, e a través do cal se explicará á veciñanza os pormenores da recollida selectiva do contedor marrón, destinado a acoller unicamente materia orgánica, que logo se transforma en compost na planta de biorresiduos de Sogama en Cerceda.

O Concello de Oroso xa mostrou interese en implantar o quinto contedor para contribuír á reciclaxe da materia orgánica, converténdoa nun abono natural de alta calidade. Do mesmo xeito que Carballo, Laracha, Cerceda e Santa Comba, pretende sumarse a esta iniciativa 2 anos antes de que conclúa o prazo estipulado pola Unión Europea: 31 de decembro de 2023.

SOBRE A SEMANA EUROPEA DA PREVENCIÓN DE RESIDUOS 2021

A Semana Europea da Prevención de Residuos 2021 arrincou o pasado 20 de novembro e chegará ao seu termo o vindeiro domingo 28, erixíndose nunha oportunidade para que os europeos impulsen e executen accións de concienciación e sensibilización sobre a xestión sostible dos recursos e os residuos.

O que fai especial esta semana, que alcanza xa a súa 13 edición, é que na mesma danse cita todo tipo de colectivos e visibilízanse os esforzos investidos polos milleiros de voluntarios que alzan a voz en favor dun consumo responsable e a economía circular.

E precisamente a temática abordada este ano pon o foco nas comunidades circulares e no traballo conxunto para alcanzar un Planeta residuos cero.

PLAN DE ACCIÓN PARA TODA GALICIA

A fin de axudar aos entes locais a dar debido cumprimento á lexislación vixente, a Xunta deseñou unha rede de infraestruturas para que poidan acceder á valorización da materia orgánica.

Así, e ademais da planta de compostaxe que opera en Cerceda (A Coruña) da man de Sogama, esta rede estará conformada por tres plantas de biorresiduos que se construirán nas outras tres provincias: Cervo (Lugo), Vilanova de Arousa (Pontevedra) e Verín (Ourense), e que contarán co apoio de 13 plantas de transferencia que serán transformadas ou adaptadas para que nas mesmas se poida transvasar a materia orgánica, dotándoas dunha tolva específica para esta fracción de lixo.

Saúdos, Departamento de Comunicación

26 Nov 2021

Galería