SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Conta atrás para a celebración de Recuwaste 2021

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O Congreso Internacional de referencia na xestión dos residuos e recursos terá lugar en Mataró durante os próximos días 26 e 27 de outubro.
  • As conferencias e mesas redondas, a cargo de expertos de alto nivel, complementaranse cunha exposición de maquinaria de servizos públicos, unha visita guiada ao Centro Integral de Residuos do Maresme e a oportunidade de coñecer o Parque Circular Mataró Maresme.
  • Así mesmo, o evento disporá dun espazo para dar visibilidade a pósteres sobre ideas, prácticas e tecnoloxías innovadoras e inspiradoras. Os autores dos mesmos poderán optar ao Premio Alfonso Maillo.

15 de outubro de 2021.- A conta atrás para a celebración de Recuwaste 2021, xa botou a andar. Os próximos días 26 e 27 de outubro, as persoas interesadas na xestión sostible dos residuos e recursos teñen unha cita co congreso internacional de referencia na materia, que se celebrará no Tecnocampus de  Mataró (Cataluña).

Tras a paréntese de 2020 debido á pandemia, Recuwaste entra de novo en escena cun formato híbrido no que se combinarán as sesións presenciais e as virtuais. O obxectivo é que calquera persoa interesada, estea onde estea, teña acceso aos seus contidos. De feito, o ticket virtual permite asistir en directo ás sesións, interactuar cos relatores e tamén con todos os asistentes vía App.

Baixo o lema “A (R) evolución dos Recursos”, o congreso, promovido polo Consorcio para o Tratamento dos Residuos Urbanos do Maresme, en colaboración coa Generalitat de Catalunya, a Axencia de Residuos de Cataluña e a Deputación de Barcelona, conta tamén co apoio, entre outras entidades, da Fundación Fórum Ambiental, que exerce a secretaría científica.

DA TEORÍA Á PRÁCTICA

Expertos de alto nivel tales como Anders Wijkman, presidente de Circular  Sweden, membro do Internacional  Resource Panel e presidente honorario do Club de Roma, así como  Valerio  Barberis, membro da Coordinadora da Axenda Urbana da UE e asesor de Urbanismo, Medio Ambiente e Economía Circular de  Prati (Italia), que aglutina a máis de 2.000 empresas do téxtil, chegando a converterse no distrito de referencia a nivel europeo, ademais de provedor das marcas máis importantes a nivel mundial, serán os encargados, entre outros, de achegar a súa visión sobre a forma en que os cambios na produción e o consumo transformarán o sector dos residuos.

As conferencias e mesas redondas complementaranse cunha exposición de maquinaria de servizos públicos (tecnoloxías para a recollida selectiva, robótica, contedores, roteiros, etc) e unha visita guiada ao Centro Integral de Valorización de Residuos do Maresme, incluíndo tamén a oportunidade de coñecer o Parque Circular Mataró Maresme, orientado a fomentar novos modelos de produción e consumo aliñados cos obxectivos climáticos, os  ODS e as estratexias de economía circular.

Así mesmo, o congreso quere contribuír a divulgar iniciativas innovadoras, tanto públicas como privadas, destacables no ámbito da prevención e xestión de residuos e os recursos. Para isto disporá dun espazo para dar visibilidade a pósteres sobre ideas, prácticas e tecnoloxías innovadoras e inspiradoras.

Esta convocatoria está orientada a expertos, profesionais, empresarios, universitarios, centros de I+D, asociacións, administracións e organizacións coas mellores innovacións e ideas disruptivas, iniciativas, solucións ou proxectos no marco da xestión dos residuos.

De entre todos os pósteres, o Comité do Programa do congreso Recuwaste seleccionará tres, que poderán expoñer a súa iniciativa a través dunha presentación de 10 minutos. Todos eles optarán ao Premio Alfonso Maíllo, que outorga un galardón en metálico de 1.000€ ao mellor póster, escollido a través da votación dos asistentes ao congreso.

Toda a información e novidades en www.recuwaste.com

15 Out 2021

Galería