SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Convocada a quinta edición dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019

Print this pagePrint this page
  • Promovida pola RAGC, en colaboración coa GAIN, ten por obxecto  recoñecer o traballo  do persoal investigador, así como o dos empresarios e empresarias que apostan firmemente pola transferencia do coñecemento como soporte para o desenvolvemento  socioeconómico da nosa comunidade.
  • Os premios convócanse en tres modalidades, cada unha coas súas particularidades: Premio “Francisco Guitián Ojea”; Premio “Fernando Calvet Prats”; e Premio “Ricardo Bescansa Martínez”.
  • Cada un dos premios está dotado con 6.000 euros e vai acompañado dun diploma acreditativo.
  • As bases da convocatoria están dispoñibles en ragc.gal  e en gain.xunta.gal.

Cerceda, a 10 de abril de 2019.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN),  convoca a quinta edición dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia co obxectivo de recoñecer o traballo  do persoal investigador, así como o dos empresarios e empresarias que apostan firmemente pola transferencia do coñecemento como soporte para o desenvolvemento  socioeconómico da nosa comunidade.

O prazo  para a presentación de candidaturas conclúe ás 15:00 horas do próximo 31 de maio.

Os premios convócanse en tres modalidades:

  1. Premio “Francisco Guitián Ojea” a un traballo de investigación aplicada. A través do   mesmo recoñecerase o éxito dun grupo de investigación na creación dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que deriven claras aplicacións para o desenvolvemento  socioeconómico de Galicia.

     A persoa solicitante debe ter a autoría do traballo e, de ser varias, é preciso que conte coa autorización das demais, sendo necesario especificar na devandita autorización o grao de participación de cada coautor/a.O traballo  pode ser inédito ou estar             publicado con posterioridade  ao ano 2016.

    2. Premio “Fernando Calvet Prats” a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación, froito da colaboración cunha empresa. Oriéntase ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida con máis éxito ao      sector empresarial. Neste caso, a persoa solicitante deberá contar coa aprobación explícita do/da representante legal da empresa.

    3. Premio “Ricardo Bescansa Martínez” a un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida. Concederase á empresa que acredite a mellor implantación de tecnoloxía transferida desde un grupo de investigación galego.

Cada un dos premios está dotado con 6.000 euros e vai acompañado dun diploma acreditativo.

Aos dous primeiros premios (“Francisco Guitián Ojea” e “Fernando Calvet Prats”) poderá concorrer todo o persoal  adscrito a centros de investigación situados en Galicia, incluíndo os centros tecnolóxicos. Ao terceiro (“Ricardo Bescansa Martínez”) poderán concorrer empresas galegas ou que teñan un centro de traballo radicado en Galicia.

Tanto no segundo como no terceiro premio será válido calquera mecanismo de transferencia desde o grupo á empresa, isto é, adquisición de patente, proxecto conxunto, spin-off, etc.

XURADO E BASES

O xurado  estará presidido polo presidente da RAGC e contará con seis vogais: dous propostos pola GAIN, outros dous pola RAGC, un proposto polo IGAPE e outro proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Actuará como secretario/a un dos vogais propostos pola Real Academia Galega de Ciencias

As bases da convocatoria están dispoñibles en ragc.gal  e en gain.xunta.gal.

Fonte e imaxe:www.ragc.gal

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Abr 2019

Galería