- Expertos, líderes empresariais e organizacións a nivel global establecerán unha folla de roteiro e codiseñarán solucións ao redor deste tema.
- A Circular Electronics Partnership (CEP), na que participan empresas como Cisco, Dell, Microsoft ou Google, busca maximizar o valor dos compoñentes, produtos e materiais a través do seu ciclo de vida completo, comprometéndose cunha economía circular para a electrónica en 2030.
Cerceda, a 5 de abril de 2021.- O lixo electrónico é actualmente o fluxo de refugallos que máis crece no mundo -en 2019 superou os 53 millóns de toneladas, segundo The Global E-waste Monitor 2020-, pero só se recupera unha pequena porcentaxe, e iso malia que o valor dos residuos electrónicos calcúlase en, alomenos, 57.000 millóns de dólares anuais (case 48.000 millóns de euros), superior ao PIB de moitos países.
Neste marco, un grupo de organizacións mundiais e máis de 50 expertos da cadea de valor da electrónica, veñen de lanzar a Circular Electronics Partnership (CEP), a primeira alianza do sector privado para a electrónica circular. O Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sostible (WBCSD) é un dos socios fundadores e anfitrión da Secretaría.
Así, por primeira vez, expertos, líderes empresariais e organizacións a nivel global establecerán unha visión e unha folla de roteiro comprometéndose cunha electrónico circular para 2030 e codiseñarán solucións ao redor deste tema.
FOLLA DE ROTEIRO
O obxectivo da CEP é maximizar o valor dos compoñentes, produtos e materiais a través do seu ciclo de vida completo, utilizando man de obra segura e xusta, e dependendo unicamente dos recursos circulares. Estes cambios xerarán valor económico á vez que crearán un impacto ambiental e social positivo.
A plataforma, que tamén publicou a súa folla de roteiro para a electrónica circular, contemplando 40 accións que deben desenvolverse nos próximos 10 anos, pretende definir produtos e servizos electrónicos circulares, mobilizar un compromiso de compra global, sostible e circular, desenvolver un sistema de reciclaxe responsable e poñer en marcha proxectos de seguimento de materiais.
Os socios fundadores da CEP son o Global Electronics Council (GEC), Global Enabling Sustainability Initiative (GeSI), Platform for Accelerating the Circular Economy (PACE), Responsible Business Alliance (RBA), World Business Council for Sustainable Development (WBCSD) e o Foro Económico Mundial (WEF).
A visión e a folla de roteiro desenvolvéronse en colaboración con outras partes interesadas, incluída a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT).
Entre os membros fundadores de CEP atópanse organizacións como Cisco, Closing the Loop, Dell Technologies, Google, KPMG International, Microsoft ou Vodafone, entre outros.
Peter Bakker, presidente e director xeral do Consello Empresarial Mundial e de Desenvolvemento Sostible (WBCSD), manifestou que “A electrónica é omnipresente. Moito máis aló dos computadores, monitores e teléfonos, a electrónica atópase habitualmente en todo, desde a roupa ata os xoguetes. A medida que as aplicacións se amplían, deben ser circulares no seu deseño, produción, uso e recuperación a fin de crear unha cadea de valor positiva para a natureza, o clima e as persoas», ao que engandiu «A Circular Electronics Partnership encarna esta ambición e pode servir como centro de gravidade para a circularidad da electrónica.»
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay