Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Día Mundial da Reciclaxe: unha chamada á maior recuperación de roupa fóra de uso en Galicia

Print this pagePrint this page
  • Bruxelas determina que os residuos téxtis domésticos deberán recollerse selectivamente de modo obrigatorio antes de 2025.

Maio de 2018. A roupa usada é un dos residuos cunha porcentaxe de valorización máis alta. Con todo, apenas se recupera un 10% de todas as prendas que os galegos refugamos anualmente, o que significa que administracións, organizacións e cidadanía debemos redobrar os esforzos para lograr unha maior conciencia sobre a importancia de colocar o residuo  téxtil no contedor axeitado para que poida ter unha segunda vida.

A Unión Europea (UE) por fin marcou o camiño para que os estados membros impulsen os mecanismos que permitirán que os concellos, responsables da xestión de residuos, contemplen sempre a recollida separada de roupa usada, xa que será obrigatorio antes de 2025. Con isto, potenciarase a reciclaxe e a reutilización de roupa e o calzado.

No Día Mundial da Reciclaxe, que se celebra mañá xoves 17 de maio, Humana Fundación Pueblo para Pueblo recorda a importancia da reutilización para conseguir un planeta máis sostible. Esta xornada incide na necesidade de converter os residuos en recursos. Cada vez que se recicla e se reutiliza, contribúese activamente á protección do medio ambiente; alóngase a vida útil dos produtos e, cando esta finaliza,  son reintroducidos no mercado asumindo a lóxica da economía circular; redúcense as emisións de gases de efecto invernadoiro que agravan o cambio climático; e créanse postos de traballo no chamado “sector verde”.

A finais de febreiro, a UE decidiu elevar do 44% ao 55% a porcentaxe de residuos municipais que deben reciclarse a partir de 2025, unha medida enmarcada nun paquete de accións para mellorar a xestión de residuos. En España, apenas se recicla o 30% dos residuos que xeramos, así que hai un longo camiño por percorrer.

Diversos actores do sector de recuperadores e xestores de téxtil usado insisten en que só una de cada 10 prendas é recuperada por un xestor autorizado para a súa reutilización ou reciclaxe. Para chegar ao 55% que impón Bruxelas é necesario aplicar con convicción un conxunto de medidas: desde a adopción de accións lexislativas por parte das administracións ata o aumento da sensibilización e concienciación da cidadanía, pasando polo reforzo da transparencia na trazabilidade do residuo, facilitando que a cidadanía poida depositar as súas doazóns no contedor apropiado.

A recollida de roupa en Galicia.

En Galicia , Humana recuperou 1.922 toneladas de téxtil usado en 2017, o que confirma a fidelidade da cidadanía cara a un modelo de xestión do residuo téxtil con finalidade social. As prendas proceden dos 380 contedores verdes onde a cidadanía deposita a roupa, o calzado, os complementos e o téxtil de fogar que xa non utiliza e aos que Humana dá unha segunda vida.

A reutilización e a reciclaxe de téxtil contribúen ao aforro de recursos, a protección do medio ambiente e a loita contra o cambio climático. Reducen os residuos nos depósitos controlados e nas plantas incineradoras, así como a emisión de gases de efecto invernadoiro. 

Hai que recuperar máis e facelo xa

Malia que quizais chega algo tarde, porque hai que recuperar máis e facelo xa, Humana aplaude a decisión da UE porque permitirá equiparar o residuo téxtil ao vidro, o papel ou o plástico, fraccións ás que supera en posibilidades de valorización. Como se afirma desde o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), a recollida separada é clave para cumprir cos obxectivos de reciclaxe e reutilización. O téxtil representa aproximadamente entre un 5% e un 6% dos residuos municipais.

No Día Mundial da Reciclaxe, Humana recorda que a xerarquía de residuos na que se basea a lexislación europea prioriza a prevención e a preparación para a reutilización por diante da reciclaxe, para converter en recursos os residuos que sexan inevitables.

Como especialista en preparación para a reutilización, Humana xestiona as doazóns de roupa e calzado usado dos cidadáns co fin de obter o máximo aproveitamento do residuo téxtil, dándolle unha segunda vida e favorecendo con isto un modelo de economía circular. En 31 anos de traxectoria, recuperou 294.344 toneladas de roupa en España, o equivalente a encher máis de catro veces un gran estadio de fútbol.

En torno a 9 de cada 10 prendas usadas son susceptibles de ter unha segunda vida a través da reutilización ou a reciclaxe. Pasar dun modelo de economía lineal a circular é imprescindible para a sostibilidade da industria da moda e, por estensión, para o planeta. Aplicando unha apropiada xestión na última parte do ciclo de vida do téxtil é posible reintroducilo no mercado, xa sexa como prenda de segunda man ou como outros produtos.

Sobre Humana Fundación Pueblo para Pueblo

Humana Fundación Pueblo para Pueblo promove desde 1987 a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e desenvolve programas de cooperación en África, América Latina e Asia así como de apoio local en España. A Fundación leva a cabo campañas de sensibilización en torno á importancia da reutilización e a reciclaxe de téxtil para a protección do medio ambiente e como fonte de recursos para a cooperación nos países do Sur. Humana conta con máis de 550 empregados. Forma parte da Federación Humana People to People, que agrupa a organizacións de 31 países.

Departamento de comunicación

Juan Carlos Montes

93 840 21 82 - 649 055 818

joancarles.montes@humana-spain.org

-------------------------------------

Rubén González

91 432 07 34 - 650 368 079

rubengonzalez@humana-spain.org

www.humana-spain.org

Twitter: @HumanaSpain

16 Mai 2018

Galería