SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Deseñar os produtos para propiciar o seu reciclado: camiño emprendido pola industria do plástico

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Na actualidade, resulta primordial que os artigos plásticos se conciban e deseñen para garantir a súa funcionalidade e asegurar ao mesmo tempo a  correcta xestión dos mesmos ao finalizar a súa vida útil. 
  • Se ben urxe posibilitar que os plásticos sexan circulares, os expertos sinalan que a industria tamén debe sentar as bases para que  a reciclabilidade dos produtos fabricados con plástico chegue máis aló do empaque, contemplando os sectores automotriz, de construción  e mobles.
  • Coa pretensión de pechar realmente o círculo, consideran que o sector debe traballar, de forma paralela, na mellora das tecnoloxías de recolección, clasificación e reciclaxe, e impulsar a absorción de material reciclado. 

Cerceda, a 4 de decembro de 2019.-  O deseño para posibilitar a reciclaxe dos produtos é unha das prioridades na industria do plástico. Este reto, xa asumido, veuse evidenciando a través de distintos proxectos e colaboracións que cobraron forza nos últimos meses. Así mesmo, cabe sinalar que o 94% dos cidadáns europeos considera que os produtos deben deseñarse para que sexan reciclables.

En consecuencia, resulta esencial que os artigos plásticos se conciban e deseñen para garantir a súa funcionalidade e asegurar ao mesmo tempo a correcta xestión dos mesmos ao finalizar a súa vida útil. Neste sentido, o sector defende que mellorar a capacidade de reciclaxe constitúe unha ferramenta indispensable para aumentar as taxas de recuperación.

Nunha conferencia celebrada en Bruselas ante 300 participantes, Ton Emans, presidente de Plastics Recyclers Europe, asegurou que a reciclaxe de plásticos transmite unha mensaxe positiva sobre a transformación da industria, constituíndo a reciclabilidade o “motor principal para mellorar a eficiencia e a calidade da reciclaxe, e estimular ao mesmo tempo a innovación no sector".

Neste marco, a industria do plástico móstrase convencida de que o deseño constitúe o comezo da reciclaxe de plásticos de calidade e, seguindo esta máxima, xa se presentaron solucións para diversas tecnoloxías de embalaxe a fin de mellorar a xestión dun produto cando chega ao final da súa vida útil.

Paolo Glerean, presidente de RecyClas, sinalou que “O noso obxectivo é axudar á industria a apoiar a transformación dun fluxo de material lineal a un circular", ao que engadiu que “Isto é posible grazas á plataforma RecyClass, que promove o desenvolvemento e a mellora das pautas de deseño para a reciclaxe”.

PECHANDO O CÍRCULO

Urxe posibilitar que os plásticos sexan circulares e que a industria sente as bases para propiciar a reciclabilidade dos produtos plásticos máis aló do empaque, contemplando os sectores automotriz, de construción e mobles.

Así mesmo, o sector debe mellorar as tecnoloxías de recolección, clasificación e reciclaxe, e impulsar a absorción de material reciclado. A participación de toda a cadea de valor, resulta imprescindible.

Fonte: Plastics Recyclers Europe

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

4 Dec 2019

Galería