SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

ECHA aposta por restrinxir o uso de microplásticos engadidos intencionalmente aos produtos

Print this pagePrint this page
  • De adoptarse esta restrición, calcúlase unha redución nas emisións de microplásticos de ao redor de 400 mil toneladas durante 20 anos.
  • Unha vez liberados ao medio ambiente, os microplásticos poden ser moi persistentes, durar miles de anos e quizais imposibles de eliminar.
  • Dado o seu pequeno tamaño, os microplásticos poden inxerirse con facilidade  e, polo tanto, entrar na cadea alimentaria.
  • Varios Estados membros da Unión Europea xa introduciron prohibicións sobre o uso de microplásticos en determinados produtos, como é o caso dos cosméticos de lavado.

Cerceda, a 18 de febreiro de 2019.- Tras avaliar  os riscos que os microplásticos entrañan para a saúde e o medio ambiente, ECHA (Axencia de Produtos Químicos Europeos) propuxo  restrinxir aqueles que se agregan intencionalmente aos produtos. De adoptarse esta restrición, calcúlase unha redución nas emisións de microplásticos de ao redor de 400 mil toneladas durante 20 anos.

ECHA considera probable que os microplásticos agregados intencionalmente se acumulen en ambientes terrestres, toda vez que as partículas concéntranse no lodo de augas residuais que se aplica con frecuencia como fertilizante. Unha vez liberados ao medio ambiente, os microplásticos poden ser moi persistentes, durar miles de anos e quizais imposibles de eliminar. Non obstante, e debido a que os datos dispoñibles son moi limitados, non é posible determinar nestes  momentos os efectos da exposición a longo prazo .

Dado o seu pequeno tamaño, os microplásticos poden inxerirse con facilidade  e, polo tanto, entrar na cadea alimentaria.

Os microplásticos agregados intencionalmente están presentes en produtos  de consumo e profesionais en múltiples sectores, incluídos cosméticos, deterxentes e produtos de mantemento, pinturas e recubrimentos, materiais de construción e produtos medicinais, así como diversos produtos utilizados na agricultura, horticultura e petróleo.

ECHA tamén avaliou o impacto económico de esta restrición e, aínda que  é consciente de que xerará diferentes custos en función do tipo de produto, confía tamén en que  a implementación da medida sexa rendible en todos os sectores, incluído o agrícola, que se identifica como o de maior fonte de microplásticos agregados intencionalmente.

Neste sentido, cabe sinalar que varios Estados membros da Unión Europea xa introduciron prohibicións sobre o uso de microplásticos en determinados produtos, como é o caso dos cosméticos de lavado.

Fonte e imaxe: https://echa.europa.eu/es/

Saúdos, Departamento de Comunicación

18 Feb 2019

Galería