- Así o asegura o centro tecnolóxico Eurecat, constituíndo, por tanto, unha estratexia crave na mitigación do cambio climático.
- Igualmente, permitiría alcanzar grandes beneficios tales como o aforro de recursos, a diminución da contaminación e a satisfacción do consumidor.
Cerceda, a 15 de abril de 2021.- A aplicación dos principios da economía circular pode contribuír a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro ata nun 45%, constituíndo unha estratexia crave na mitigación do cambio climático. Así o asegura o centro tecnolóxico Eurecat.
A economía circular busca preservar ao máximo o valor dos recursos en todo o ciclo de vida dos produtos e servizos, logrando con isto grandes beneficios tales como o aforro de recursos, a diminución da contaminación e a satisfacción do consumidor.
O ecodeseño nas etapas iniciais de concepción de novos produtos, evitando a incorporación de compostos tóxicos ou que dificultan a reciclaxe, constituiría un gran apoio, do mesmo xeito que o impulso de novos modelos de uso que prolonguen ao máximo o seu percorrido, así como a recuperación de valor ao final da súa vida útil, como é o caso da reciclaxe.
A director da área de Sostibilidade de Eurecat, Miquel Rovira, indicou ao respecto que “o consumidor compra cada vez máis en clave ambiental e valora moito que a marca sexa respectuosa coa contorna”, coincidindo coas tendencias en estilo de vida que “sitúan nun primeiro plano a preocupación pola saúde do planeta e polo benestar das persoas”, aínda que “en ocasións sexan eixos onde hai moito traballo por facer, tanto desde o punto de vista dos procesos de fabricación como da sensibilización social”.
CÁLCULO DA GAÑANCIA AMBIENTAL
Co fin de calcular a estimación da gañancia ambiental dos procesos de innovación tecnolóxica que desenvolve, Eurecat aplica a metodoloxía de análise do ciclo de vida (ACV), que permite cuantificar as emisións de dióxido de carbono evitadas en cada proxecto, co propósito de obter novos datos que axuden a mitigar o cambio climático.
Segundo Frederic Clarens, director de Sostibilidade deste centro tecnolóxico, “xeneralizar e difundir a estimación da gañancia ambiental en ámbitos como a produción, o consumo ou a mobilidade permitiría dispoñer de máis información para axudar a frear as emisións de dióxido de carbono, dado que empoderaría ao cidadán nas súas decisións”.
Fonte: Eurecat
Imaxe: Pixabay