Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Ecopilas entregou xa 22.000 recopiladores de pilas domésticos

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • É preciso recordar que as pilas son residuos perigosos que xamais poden arroxarse ao cubo do lixo convencional, xa que, dadas as súas particulares características, deben recibir un tratamento específico.
  • Para facilitar o labor de segregación das mesmas, Ecopilas pon a disposición dos cidadáns recopiladores domésticos. Unha vez cheos, pódense baleirar no punto de recollida máis próximo.

Cerceda, a 22 de outubro de 2019.-  Non hai escusa para ter as pilas gastadas esquecidas nos caixóns ou en calquera outro lugar do noso domicilio mesturadas con obxectos de diversas tipoloxías. É preciso recordar que as pilas son residuos perigosos que xamais poden arroxarse ao cubo do lixo convencional, xa que deben recibir un tratamento específico, dadas as súas particulares características. É por iso que o seu lugar de destino son os recipientes habilitados en supermercados, casas consistoriais, puntos limpos, establecementos comerciais, etc.

Non obstante, para facilitar o labor dos cidadáns, Ecopilas pon á súa disposición recopiladores domésticos a fin de ir depositando nos mesmos as pilas usadas e, unha vez cheos, baleiralos no punto de recollida máis próximo.

O uso destes recopiladores trae consigo dúas grandes vantaxes: por unha banda, manter en orde o fogar e, por outro, facilitar a contribución ao coidado do medio ambiente.

Desde xuño de 2018, Ecopilas entrega recopiladores de pilas aos fogares que así o soliciten, e ademais este servizo é gratuito. A día de hoxe xa repartiu 22.000 unidades.

Fonte e imaxe: Ecopilas

Saúdos, Departamento de Comunicación

22 Out 2019

Galería