SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"En España ningún pneumático debería acabar en vertedoiro"

Print this pagePrint this page
  • Así o asegurou no espazo radiofónico “Ecovoz” Isabel López Rivadulla, directora de Comunicación e Márketing de SIGNUS, entidade sen ánimo de lucro que garante a correcta xestión ambiental dos pneumáticos que poñen á venda as súas empresas adheridas.
  • Unha vez recollidos nos talleres, os pneumáticos sepáranse en planta de clasificación: por unha banda, os que poden seguir rodando e, por outro, os que non reúnen as condicións para este fin, trasladándose a instalacións específicas onde se transforman noutros produtos.
  • O sector evolucionou de forma moi positiva e logrouse que o pneumático, como material reciclado, se incorpore en aplicacións tan importantes como solos de parques infantís, recheos de campos de fútbol de céspede artificial e estradas.
  • Pero, máis aló da súa actividade industrial, SIGNUS leva a cabo un importante labor no ámbito da educación ambiental co fin de difundir e concienciar á sociedade sobre a necesidade de utilizar materiais reciclados. É o caso do seu blog “Neumático verde” ou o libro escolar “A incrible viaxe de neumatiquín”

Cerceda, a 14 de maio de 2019.- Ningún pneumático a vertedoiro. Esta é a filosofía de SIGNUS e esta é a premisa que guía o traballo e esforzo desta entidade sen ánimo de lucro que garante a correcta xestión ambiental dos pneumáticos  que poñen á venda as súas empresas adheridas. Os produtores depositan en SIGNUS esta responsabilidade declarando os pneumáticos que poñen á venda e pagando por isto un prezo que se repercute ao longo da cadea de valor ata chegar ao consumidor final.

A solicitude dos propios talleres, a organización recolle os pneumáticos fóra de uso e trasládaos a plantas de clasificación onde se separan, por unha banda, aqueles que poden seguir rodando e, por outra, os que non reúnen as condicións para este fin, levándose a instalacións específicas onde se transforman noutros produtos, non podendo volver a converterse en pneumáticos.

Desde o ano 2006, tal e como asegurou Isabel López Rivadulla, directora de Comunicación e Marketing de SIGNUS, no programa radiofónico Ecovoz, emitido por Radio Voz Galicia, está prohibido pola lexislación depositar pneumáticos en vertedoiro. Se ben, a priori, os seus compoñentes non orixinan problemas ambientais, si en grandes acumulacións poden ter afecciones sobre a contorna, dando lugar a unha evidente contaminación visual e paisaxística.

MÚLTIPLES UTILIDADES MEDIOAMBIENTAIS

A reciclaxe de pneumáticos ten múltiples utilidades: desde solos de parques infantís ata recheos de campos de fútbol de céspede artificial e estradas. De feito, SIGNUS conta cun Departamento de Desenvolvemento de Innovación que traballa precisamente para buscar novas utilidades a este material.

Ao longo do tempo, tal e como expuxo López Rivadulla, o sector evolucionou de forma moi positiva. Se ben en 2005 non existía mercado nin industria para a reciclaxe destes residuos, conseguiuse que esta industria se vaia consolidando e, polo tanto, logrouse que o pneumático, como material reciclado, se incorpore en aplicacións tan importantes como as propias estradas, sendo España o país europeo que máis pneumático introduce nas mesmas. En consecuencia, o camiño cara á economía circular tamén está a ser cada vez máis sólido neste sector.

Pero, máis aló da súa actividade industrial, SIGNUS leva a cabo un importante labor no ámbito da educación ambiental co fin de difundir e concienciar á sociedade sobre a necesidade de utilizar materiais reciclados. Con tal fin, colabora no ámbito da moda e da arte, tamén editou fai dous anos un libro que, baixo o título “A incrible viaxe de neumatiquín”, chegou aos centros escolares para traballar conceptos tales como os tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) e a propia economía circular, contando para isto coa participación de dous colexios galegos (un emprazado en O Porriño e outro en Cedeira).

Ademais da súa páxina web (ww.signus.es), a organización dispón dun blog “Neumático en verde” a través do cal aporta ideas sobre a infinidade de saídas que poden ter os pneumáticos.

A portavoz de SIGNUS concluíu a súa intervención sinalando que “En España ningún pneumático debería acabar nun vertedoiro”, asegurando que reciclan a totalidade dos que se xeran.

Saúdos, Departamento de Comunicación

14 Mai 2019

Galería