Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

En marcha a última visita de seguimento aos centros adscritos a "Recíclate con Sogama"

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Educadores desta entidade pública desprazaranse aos 22 colexios adheridos a esta iniciativa para comprobar a situación dos seus proxectos e realizar as caracterizacións dos residuos depositados nas illas de reciclaxe.
  • O resultado obtido a partir desta mostraxe será un dos criterios a ter en conta na avaliación final dos traballos desenvolvidos polas escolas, xunto con outros tales como a calidade das actividades e a capacidade da comunidade educativa para implicar aos concellos e para extrapolar as boas prácticas ambientais ás familias.
  • Os colexios que desexen optar aos premios “Recíclate con Sogama” disporán de prazo ata o próximo 5 de xuño para presentar as súas memorias a través da aplicación informática do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.

Cerceda, a 16 de maio de 2018.- Adentrados xa no último tramo do curso académico 2017-2018, esta entidade pública levará a cabo a terceira e última visita de seguimento aos 22 centros de Educación Primaria que participan no programa “Recíclate con Sogama”. O obxectivo é comprobar a situación na que se atopan os distintos proxectos desenvolvidos nos colexios e cuxo obxectivo principal é fomentar a reciclaxe nas aulas e realizar a correspondente caracterización dos residuos depositados polos pequenos nos contedores (amarelo, azul e verde) que conforman as denominadas illas de reciclaxe, subministradas pola entidade pública o pasado mes de outubro.

Desta forma preténdese comprobar o nivel de participación no sistema de recollida selectiva e o grao de acerto á hora de depositar os refugallos nos distintos recipientes. O resultado obtido a partir desta mostraxe será un dos criterios a ter en conta na avaliación final dos traballos desenvolvidos polos colexios, xunto con outros tales como a calidade das actividades executadas, a capacidade da comunidade educativa para implicar aos concellos nas súas iniciativas e tamén para extrapolar as boas prácticas ambientais ás familias, propiciando unha correcta xestión dos residuos nos propios fogares.

O bo uso do composteiro será supervisado igualmente polos monitores de Sogama no caso daquelas escolas ás que se lle proporcionou este artiluxio, condicionado en todo caso á existencia de comedor e á disposición de terreo, horta ou xardín, no que depositar o compost obtido no mesmo.

APOIO INSTITUCIONAL

Para que os centros poidan levar a cabo os seus traballos con garantías, ademais dos propios medios materiais, a Sociedade proporcionoulles no seu momento distintos recursos divulgativos e didácticos tales como folletos, carteis, guías, presentacións, xogos, tanto físicos como en liña, libros especializados e ata financiou autobuses para que puidesen visitar o complexo industrial de Cerceda (A Coruña) e desta forma tivesen oportunidade de ver e comprobar por si mesmos o tratamento que reciben alí os residuos que eles seleccionan a través do contedor amarelo e verde convencional.

No primeiro caso, Sogama separa por tipoloxías os materiais recollidos no mesmo para que poidan ser remitidos aos centros recicladores e transformados en novos produtos. No segundo, e tras extraer os elementos reciclables contidos no lixo en masa (aceiro, aluminio e vidro), acondiciona co resto un combustible CDR que alimenta unha planta termoeléctrica para producir enerxía eléctrica. De feito, Sogama produce a electricidade equivalente ao consumo do 12% dos fogares galegos.

Os colexios que desexen optar aos premios “Recíclate con Sogama” disporán de prazo ata o próximo 5 de xuño para presentar as súas memorias a través da aplicación informática do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.

Saúdos, Departamento de Comunicación

16 Mai 2018

Galería