SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

En marcha a organización do décimo Congreso Mundial de Educación Ambiental

Print this pagePrint this page
  • Baixo o título “Conectividade global local”, celebrarase en Bangkok (Tailandia) do 3 ao 7 de novembro de 2019, actuando a Facultade de Medio ambiente da Universidade Kasetsart como Comité Organizador.
  • No mesmo abordarase o coñecemento local ambiental, baseado na relación directa coa contorna máis inmediata, así como a conectividade dos humanos a través de múltiples canles, circunstancia que permite o intercambio de información e materiais
  • O último congreso tivo lugar en 2017, na cidade canadense de Vancouver, e serviu para poñer de relevo o carácter multidisciplinar da educación ambiental e a necesidade de abandonar esa falsa crenza de que todo é mensurable ou que todo pode ser controlado polos humanos.

Cerceda, a 7 de febreiro de 2019.- Do 3 ao 7 de novembro de 2019, celebrarase en Bangkok (Tailandia) a décima edición do Congreso Mundial de Educación Ambiental, chegando este evento ao continente asiático por primeira vez.

Con carácter bianual, o último Congreso celebrouse en 2017, na cidade de  Vancouver (Canadá), asumindo o Instituto para a Aprendizaxe Ambiental (IEL), no que colaboran investigadores e profesionais comprometidos coa aprendizaxe ambiental e a sostibilidade de alta calidade na Columbia Británica, a organización desta cita, na que participaron moitas universidades e institucións canadenses.

Baixo o título “Cultura e medio ambiente. Tecendo novas conexións”, o evento serviu para facer énfase no carácter multidisciplinar da educación ambiental, favorecendo esa visión que destaca a inseparable relación entre a cultura e o medio ambiente, así como na necesidade de abandonar esa falsa crenza de que todo é  mensurable ou que todo pode ser controlado polos humanos.

Na próxima edición, que levará por título “Conectividade global local”, e que se focalizará cara ao coñecemento local, a comunicación e a conectividade global, será a Facultade de Medio Ambiente da Universidade Kasetsart a que actúe como Comité Organizador.

Neste marco, abordarase o coñecemento local, baseado na relación directa coa contorna máis inmediata, a experiencia e o patrimonio herdado de xeración en xeración, e que ofrece solucións  contextualizadas, tecnoloxías apropiadas para a diversidade de situacións, sentido de pertenza, participación emocional e accións concretas, á vez que se profundará igualmente na conectividade, toda vez que as persoas están conectadas por miles de poderosas canles de comunicación que propician o continuo intercambio de información e materiais, facendo certa a afirmación de todo o local é global e viceversa.

É indiscutible que a educación ambiental permite ás persoas aprender, e aumentar a súa conciencia e responsabilidade coa protección do medio ambiente, coa particularidade de que poderán compartir eses coñecementos e experiencias, achegando este intercambio solucións sobre o cambio  para o presente e o futuro.

Desde 2003, a Rede WEEC organizou 9 congresos mundiais nos que participaron miles de persoas de máis dun centenar de países diferentes (profesores universitarios,  funancionarios gobernamentais, organizacións internacionais, xornalistas, representantes políticos, empresas e ONG).

A rede opera en coordinación con Nacións Unidas e as súas axencias en colaboración con organizacións educativas, de investigación, culturais e científicas a nivel internacional, rexional, nacional e local tales como Unep, Unesco, Un- Csd Education Caucus, Centros Rexionais de Expertos, etc.

Fonte e imaxe: weecnetwork.org

Saúdos, Departamento de Comunicación

7 Feb 2019

Galería