SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Escolares de Cangas viaxan a Cerceda para coñecer a infraestrutura central de Sogama

Print this pagePrint this pagePrint this page

•Alí puideron ver o proceso industrial ao que se someten as dúas fraccións de residuos que se atopan baixo a competencia desta empresa pública, isto é, os envases depositados pola cidadanía nos contedores amarelos (bolsa amarela) e os restos non reciclables introducidos nos verdes xenéricos (bolsa negra).

•Mentres que, respecto da primeira fracción, a Sociedade leva a cabo un proceso de selección de materiais por tipoloxías, propiciando o seu posterior reciclado, no caso da segunda acondiciona un combustible a partir dos restos non reciclables, que transforma en electricidade.

•O programa de visitas ás instalacións de Sogama constitúe unha das iniciativas con maior repercusión social para a empresa, tendo en conta que polas mesmas xa pasaron máis de 55.000 persoas, erixíndose nunha das actividades máis valoradas pola poboación dado o seu grao de transparencia informativa.

Cerceda, a 16 de novembro de 2012.- Esta mañá, máis de medio centenar de alumnos de 1º e 2º de ESO do colexio “Eduardo Pondal” de Cangas emprenderon rumbo ao concello coruñés de Cerceda para coñecer o núcleo da infraestrutura industrial de Sogama, onde se xestionan a maior parte dos refugallos producidos en Galicia, entre eles os xerados nos tres municipios que integran a Mancomunidade do Morrazo, isto é, Cangas, Bueu e Moaña.

Tras escoitar as explicacións impartidas por monitores de educación ambiental ao servizo desta entidade pública, os escolares realizaron un percorrido guiado, adaptado ao seu nivel educativo, polas distintas plantas que conforman o complexo medioambiental, onde se procesan os residuos procedentes da recollida dos contedores amarelos e verdes convencionais.

Mentres que, con respecto aos materiais que albergan os primeiros, isto é, envases de plástico, latas e briks, puideron ver o proceso automático de selección dos mesmos, utilizando para isto mecanismos tales como lectores ópticos, campás aspiradoras, electroimáns e correntes de Foucault, acto seguido adentráronse no itinerario deseñado pola empresa para os refugallos depositados nos recipientes xenéricos, é dicir, restos orgánicos e non reciclables, a partir dos cales a empresa acondiciona un combustible CDR que valoriza nunha planta termoeléctrica.

Deste xeito, os estudantes puideron tomar boa nota da importancia que ten clasificar axeitadamente o lixo en orixe para propiciar en gran medida a súa reciclaxe, transformándoo en novos produtos e convertendo o resto en enerxía eléctrica, un ben de extraordinario valor que evita a utilización de combustibles fósiles.

Co fin de rendibilizar a visita, os alumnos tiveron ocasión de traballar previamente no aula con unidades didácticas específicas nas que se explica, a través dun formato adaptado ás súas idades, o alcance do labor de Sogama e proceso a seguir para dar un correcto tratamento aos desperdicios producidos nos seus fogares.

EXEMPLO DE TRANSPARENCIA INFORMATIVA

O programa de visitas ás instalacións da Sociedade Galega do Medio Ambiente, tanto ao seu complexo medioambiental como á rede de plantas de transferencia distribuídas por todo o territorio galego, constitúe unha das iniciativas educativas con mellor acollida e valoración por parte dos distintos colectivos sociais. Tanto é así que, desde o inicio da súa actividade, máis de 55.000 persoas pasaron pola infraestrutura desta empresa para comprobar de primeira man o seu cometido.

Constitúe, por tanto, un bo exemplo de transparencia informativa, xa que os visitantes teñen a oportunidade de descubrir por si mesmos a problemática que supón a alta produción de refugallos, o esforzo que Sogama fai para xestionalos de forma correcta e conforme á lexislación vixente e a importancia clave que, neste escenario, ten a colaboración da poboación, xa que sen o seu traballo e interese non é posible avanzar cara a xestión sostible do lixo, un dos retos ambientais aos que deben facer fronte as sociedades avanzadas.

Saúdos, Departamento de Comunicación

16 Nov 2012

Galería