Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

España contará este ano cunha Estratexia Estatal de Infraestrutura Verde

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así o dou a coñecer a secretaria de Estado de Medio Ambiente, María García Rodríguez, no marco dunha xornada organizada pola ONG WWF sobre corredores ecolóxicos e celebrada o pasado venres na sede da Comisión Europea en Madrid.
  • A pretensión desta Estratexia é precisamente definir as directrices que permitan identificar e conservar corredores en todo o territorio español, terrestre e mariño, e que aseguren a conectividade ecolóxica e a funcionalidade dos ecosistemas.
  • No proceso de elaboración da mesma cóntase coa colaboración doutros ministerios, Comunidades Autónomas e municipios, pretendendo con isto o maior consenso.

Cerceda, a 12 de marzo de 2018.-  A secretaria de Estado de Medio Ambiente, María García Rodríguez, anunciou que España contará este ano cunha Estratexia Estatal de Infraestrutura Verde cuxo fin é asegurar a conectividade e restauración ecolóxicas.

No marco desta Estratexia, que se atopa en proceso de elaboración, en colaboración con outros ministerios, Comunidades Autónomas e municipios, creouse un grupo de traballo a través do cal se busca o máximo consenso, dando así debido cumprimento ao previsto na Lei de Patrimonio Natural e da Biodiversidade, e posibilitando que se incorpore ao ordenamento xurídico español o concepto de infraestrutura verde.

Así o dou a coñecer o pasado venres, 9 de marzo, a representante do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) na sede da Comisión Europea en Madrid con motivo dunha xornada organizada pola ONG WWF sobre corredores ecolóxicos. Na cita tamén estivo presente o director xeral de Medio Ambiente da CE, Daniel Calleja, así como o secretario xeral de WWF, Juan Carlos del Olmo.

A pretensión desta Estratexia é precisamente definir as directrices a través das cales identificar e conservar os distintos elementos que conforman a infraestrutura verde do territorio español, terrestre e mariño, a fin de que  as Administracións Públicas poidan planificar, tanto territorial como sectorialmente, as actuacións que aseguren a conectividade ecolóxica e a funcionalidade dos ecosistemas.

Tal e como se constatou nos últimos informes de avaliación da Unión Europea, España avanzou na protección dos seus hábitats e recuperación de especies. De feito, tal e como indicou García Rodríguez, “Somos o país máis diverso de Europa, toda vez que alberga o 56% das aves incluídas na Directiva Aves, o 51% dos Hábitats e o 32% das restantes especies dos anexos da Directiva Hábitats, ademais de dispoñer de 2.1000 espazos con algunha figura de protección”.

A secretaria de Estado enxalzou a importancia de conectar os espazos que están protexidos illadamente para incrementar a conservación da súa biodiversidade. Neste sentido, manifestou que “aínda que a fragmentación dos hábitats sexa menos acusada en España, desde a perspectiva da conservación da biodiversidade é importante facilitar a dispersión e o tránsito das especies, a migración das poboacións e o intercambio xenético”, engadindo que “as políticas decisivas para o benestar da poboación, como as hídricas, agrícolas, enerxéticas ou de transporte, non poden provocar un efecto barreira”.

Mentres se ultima esta Estratexia, o goberno continúa avanzando en proxectos de conectividade concretos.

Fonte: MAPAMA

Saúdos, Departamento de Comunicación

12 Mar 2018

Galería