SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

España reciclou o pasado ano 52.814 toneladas de envases de aluminio, un 9,1% máis que en 2018

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así o indica ARPAL a través do estudo que anualmente realiza en plantas de xestores de residuos, e que vén a complementar os datos aportados por Ecoembes.
  • O obxectivo fundamental deste traballo é que os cidadáns tomen conciencia da importancia que ten a reciclaxe do aluminio, un material que responde plenamente ao concepto de economía circular.

Cerceda, a 1 de xullo de 2020.- Coa colaboración da FER (Federación Española da Recuperación), ARPAL realiza cada ano un estudo para coñecer “porta a porta” as toneladas de envases de aluminio recuperadas en plantas de xestores de residuos; uns datos que, en todo caso, complementan os aportados por ECOEMBES (envases de aluminio recollidos a través do contedor amarelo, de plantas de selección e compostaje, así comode recolleitas complementarias).

O obxectivo fundamental deste traballo é propiciar que os cidadáns tomen conciencia da importancia que ten contribuír á reciclaxe deste material. Con tal fin, ARPAL vén establecendo alianzas con distintas entidades, moitas delas de inserción social, ademais de universidades e centros educativos, a través da elaboración de unidades didácticas e a impartición de talleres.

O aluminio representa un claro exemplo de economía circular, xa que pode reciclarse infinitas veces sen perder cUalidades nin propiedades, contribuíndo igualmente ao aforro de enerxía. De feito, o 75% de todo o aluminio fabricado desde fai 100 anos atópase actualmente en uso, en forma de diversos produtos, grazas ao reciclado.

Fonte: ARPAL

1 Xul 2020

Galería