SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

España recuperou máis de 48.000 toneladas de envases de aluminio no ano 2018

Print this pagePrint this page
  • Así se recolle no estudo que ARPAL realiza cada ano e que se basea en contabilizar os envases de aluminio que os recuperadores tradicionais reciben nas súas plantas, procesan e envían a fundición para o seu reciclado.
  • A recuperación de aluminio cobra gran importancia desde o punto de vista ambiental, xa que permite aforrar enerxía e materias primas, así como económico, toda vez que é o material de envase de máis valor no mercado.
  • Ademais de todo isto, axústase perfectamente ao concepto de economía circular, xa que no proceso de reciclado deste material non cambian as súas propiedades, dando lugar a novos produtos de aluminio.

Cerceda, a 11 de xullo de 2019.- Segundo o estudo que cada ano publica ARPAL, en 2018 recicláronse en España 48.265 toneladas de envases de aluminio, o que equivale ao 51,5% do total posto no mercado. Os datos deste traballo complementan os aportados por Ecoembes, é dicir, os envases de aluminio recuperados a través do contedor amarelo, de plantas de selección e compostaxe, así como de recollidas complementarias.

A investigación de ARPAL, que data do ano 2001, baséase en coñecer “porta a porta” e contabilizar os envases de aluminio que os recuperadores tradicionais reciben nas súas plantas, procesan e envían a fundición para o seu reciclado. O estudo conta coa colaboración da FER (Federación Española da Recuperación) e está patrocinado por Ecoembes.

A recuperación de aluminio cobra gran importancia desde o punto de vista ambiental, xa que permite aforrar enerxía e materias primas, así como económico, toda vez que é o material de envase de máis valor no mercado, coa particularidade de que se axusta perfectamente ao concepto de economía circular, xa que no proceso de reciclado deste material non cambian as súas propiedades, dando lugar a novos produtos de aluminio. De feito, o 75% de todo o aluminio que se fabricou desde fai 100 anos atópase en uso actualmente en forma de diversos produtos.

O aforro de enerxía é outra das grandes cualidades da reciclaxe de aluminio, permitindo un aforro do 95% da enerxía necesaria para producilo a partir do mineral bauxita.

ARPAL é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en abril de 1994 co obxectivo de promover o reciclado dos envases de aluminio e alcanzar as taxas de reciclado requiridas pola lexislación.

Está constituída polas seguintes entidades:

  • Aludium
  • Constelium
  • Hydro Aluminium Deutschland GMBH
  • Novelis Europe

Fonte e imaxe: ARPAL

Saúdos, Departamento de Comunicación

11 Xul 2019

Galería