SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Este entroido non terá desperdicio ...

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O entroido de Galicia é unha das celebracións con maior arraigo popular na que os roles se inverten e imponse a máxima de rirse de todo e con todos.
  • Desfiles de comparsas, suculentos cocidos galegos, filloas, sobremesas imposibles, constitúen un conglomerado de accións cuxa pegada ambiental é posible reducir.
  • Moi fácil: disfraces elaborados con materiais de refugallo, bo uso das papeleiras e contedores de recollida selectiva, confeti biodegradable a partir de follas de árbores e outras plantas, produtos reutilizables e menor desperdicio alimentario.

Cerceda, a 21 de febreiro de 2020.- Chega de novo o esperado entroido en Galicia, unha das celebracións con maior arraigo popular na que os roles se inverten e imponse a máxima de rirse de todo e con todos.

Ademais dos desfiles de comparsas, se hai algo característico do noso entroido é o suculento banquete gastronómico no que prima o bo cocido galego, unha verdadeira homenaxe aos produtos locais, as marabillosas filloas, as “orellas” e unha infinidade de sobremesas ante as que é imposible non sucumbir.

Na nosa terra, xa son varias a Festas de Entroido que foron declaradas de Interese Turístico, incluso a nivel internacional e nacional, e que atraen a turistas e curiosos de distintos puntos do mundo.

Todo este conglomerado de celebracións deixa unha pegada ambiental que é posible minimizar con sinxelos xestos:

  • Disfraces con materiais de refugallo. Non fai falta gastar inxentes cantidades de diñeiro en comprar as últimas tendencias. O que debe primar é a orixinalidade e a creatividade. Pódense elaborar magníficos disfraces a partir de artigos fóra de uso, roupa vella, etc.
  • Desfiles sostibles: nada ao chan. É necesario facer un bo uso das papeleiras, así como dos contedores de recollida selectiva, e evitar ensuciar as rúas. A diversión non está rifada coa reciclaxe e a protección ambiental.
  • O tradicional confeti, que enche de cor as rúas, constitúe un auténtico quebradizo de cabeza para os servizos de limpeza municipais. Confeti biodegradable a partir de follas de árbores e outras plantas, podería ser unha boa opción.
  • Non dar nin unha soa oportunidade aos produtos de usar e tirar, e optar polos reutilizables.
  • Evitar o desperdicio alimentario e, en caso de sobras, aproveitalas para elaborar novos menús: que tal unhas croquetas con carne do cocido?

Saúdos, Departamento de Comunicación

21 Feb 2020

Galería