Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A estudo o potencial da valorización integral de subprodutos da industria alimentaria

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A Universidade de Burgos desenvolverá durante os próximos anos un proxecto centrado inicialmente nas follas e ramas procedentes da poda do olivar, o alperujo da produción de aceite de oliva e peles de cebola procedentes da elaboración de morcilla.
  • Unha vez recuperados os compostos bioactivos do material vexetal, os investigadores propoñen a súa formulación a fin de preservar a bioactividade e mellorar as súas condicións en canto á dispersabilidade e biodispoñibilidade na incorporación a outros produtos alimentarios.
  • A valorización integral compleméntase coa utilización da biomasa residual nun concepto de biorrefinería para o uso eficiente dos seus tres compoñentes principais: celulosa, hemicelulosa e lignina.

Cerceda, a 11 de febreiro de 2019.- Durante os próximos anos, a Universidade de Burgos desenvolverá un proxecto co que busca valorizar de forma integral diferentes subprodutos da industria alimentaria, utilizando para isto tecnoloxías limpas e respectuosas, tanto coa contorna como coas características naturais dos alimentos na súa transformación para o consumo.

O estudo centrarase inicialmente na posta en valor dalgúns subprodutos de interese para diferentes industrias de Castela e León. Non obstante, unha vez establecidas as tecnoloxías de procesado, o proxecto abrirase a outras empresas.

Inicialmente, o foco de atención estará nas follas e ramas procedentes da poda do olivar, alperujo da produción de aceite de oliva e peles de cebola utilizada na elaboración de morcilla de Burgos, artigo no que esta hortaliza constitúe un ingrediente fundamental.

COMPOSTOS DE GRAN INTERESE

O potencial destes subprodutos esperta gran interese polo seu elevado contido en compostos bioactivos, de gran atractivo para a industria alimentaria, toda vez que esta busca produtos naturais, en substitución dos aditivos sintéticos, para preservar os artigos de alimentación que produce.

Respecto do alperujo, o primeiro produto a recuperar é o aceite que contén, que pode representar ata un 15% cando o prensado se produce en frío. No caso das follas e ramas de olivo, os compostos de maior interese son os antioxidantes, fundamentalmente hidroxitirosol e oleuropeína. En relación á cebola, é a quercetina presente na súa pel a que presenta maior interese ao ser un dos antioxidantes naturais con maior potencial.

Unha vez recuperados os compostos bioactivos do material vexetal, os investigadores propoñen a súa formulación a fin de preservar a  bioactividade e mellorar as súas condicións en canto a dispersabilidade e biodispoñibilidade na  súa incorporación a outros produtos alimentarios.

A valorización integral compleméntase coa utilización da biomasa residual nun concepto de biorrefinería para o uso eficiente dos seus tres compoñentes principais: celulosa, hemicelulosa e lignina.

Así mesmo, o equipo universitario empregará distintas tecnoloxías limpas e eficientes para a recuperación. É o caso da extracción con fluídos supercríticos e líquidos presurizados, a extracción asistida con microondas ou ultrasonidos e a purificación con membranas.

Fonte e imaxe: Axencia Iberoamericana para a difusión da ciencia e a tecnoloxía www.dicyt.com

Saúdos, Departamento de Comunicación

11 Feb 2019

Galería