SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

EucoLight celebra a reciclaxe de 2.000 millóns de lámpadas en toda Europa

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Esta cifra equivale, en peso, a 140 veces o London Eye, coa particularidade de que todas as lámpadas recicladas en fila poderían dar cinco voltas á Terra.
  • No transcurso dun evento en liña, a eurodeputada Simona Bonafè foi a encargada de depositar a lámpada número 2 mil millóns no contedor correspondente.

Cerceda, a 6 de abril de 2021.- EucoLight, a Asociación Europea de Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP) de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE) propios do sector da iluminación, celebrou a reciclaxe da lámpada número dous mil millóns en toda Europa.

No transcurso dun evento en liña, a eurodeputada Simona Bonafè foi a encargada de depositar a lámpada número 2 mil millóns no contedor correspondente. Durante a súa intervención, sinalou que "non temos máis remedio que actuar co obxectivo de manter o valor dos produtos, os materiais e os recursos durante o maior tempo posible".

Pola súa banda, Hervé Grimaud, presidente de EucoLight e Director Xeneral Adxunto de Ecosystem (Francia), destacou que a misión dos membros desta Asociación é recoller e reciclar eficazmente o maior número posible de lámpadas de forma respectuosa co medio ambiente.

Ourania Georgoutsakou, secretaria xeral de LightingEurope, puxo de relevo o compromiso da industria europea da iluminación coa recuperación de residuos. Así mesmo, e en relación á venda online, declarou que: "O que é ilegal fóra de internet debería selo tamén en internet. As nosas obrigas co planeta non acaban cando vendemos ou compramos online".

Maria Banti, responsable de políticas da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, agradeceu ao sector da iluminación os resultados obtidos e subliñou a importancia de que os SCRAP dispoñan de medios operativos suficientes para cumprir co seu cometido.

David Horcajada, presidente do Grupo de Traballo MarCom de EucoLight e Director de Marketing e Comunicación de AMBILAMP (a Asociación para a reciclaxe de residuos da iluminación en España), fixo fincapé en que "este fito non se conseguiu sen o traballo das diferentes organizacións nacionais".

A reciclaxe de dous mil millóns de lámpadas equivale, en peso, a 140 veces o London Eye, coa particularidade de que todas as lámpadas recicladas en fila poderían dar cinco voltas á Terra.

Estes e outros datos foron plasmados nun vídeo dispoñible no sitio web eucolight.org  

RESPOSTA CIDADÁ

Segundo un estudo de EucoLight sobre a percepción e os comportamentos dos cidadáns respecto do tratamento de residuos de iluminación e outros electrodomésticos, entre o 62 % e o 88 % identificou correctamente o lugar correcto para depositar os RAEE, dato que vén a corroborar que unha boa parte da poboación é consciente da necesidade de reciclar estes refugallos.

Desde a súa fundación, e ata 2019, AMBILAMP recolleu, para a súa reciclaxe, máis de 27.000 toneladas de residuos de lámpadas (200.000.000 unidades).

Fonte e imaxe: Eucolight

6 Abr 2021

Galería