Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Expertos en economía circular daranse cita nun Innovation Camp que se celebrará en Cracovia

Print this pagePrint this page
  • Enmarcado no proxecto CIRC4Life, terá lugar do 12 ao 15 de novembro, sendo o seu obxectivo ofrecer un espazo de cocreación de novos modelos de economía circular para expertos de todo o mundo e servir tamén de foro no que compartir e debater distintos puntos de vista.
  • O fin último da cita diríxese ao desenvolvemento dun enfoque innovador de negocio baseado no consumo sostible, a reciclaxe colaborativa e a reutilización e cocreación de produtos e servizos.
  • Os sectores nos que se focaliza a atención son as industrias da iluminación LED doméstica e industrial, a reutilización e reciclaxe de tabletas usadas, os microcultivos e as industrias da cadea de subministración de produtos cárnicos.

Cerceda, a 8 de novembro de 2018.- O proxecto CIRC4Life, que arrancou o pasado mes de maio co respaldo da Comisión Europea a través do programa Horizonte 2020, promove un Innovation Camp internacional que terá como epicentro a economía circular e que se desenvolverá en Cracovia do 12 ao 15 de novembro.

O obxectivo desta cita é ofrecer un espazo de cocreación de novos modelos de economía circular para expertos de todo o mundo e servir tamén de foro no que compartir e debater distintos puntos de vista. Así, a previsión é que, en transcurso deste evento, os socios do proxecto intercambien coñecementos e experiencias con expertos de distintos países para desenvolver solucións de vangarda que permitan facer realidade os actuais desafíos da economía circular.

O prazo de inscrición para participar nesta iniciativa concluíu o pasado 30 de setembro. Durante os catro días do evento, os 70 seleccionados (cuxos gastos serán sufragados polo proxecto, incluíndo transporte, aloxamento e dietas) distribuiranse en equipos multidisciplinares para traballar en novos modelos de negocio para as industrias da iluminación LED doméstica e industrial, a reutilización e reciclaxe de tabletas usadas, os microcultivos e as industrias da cadea de subministración de produtos cárnicos.

O fin último da cita diríxese ao desenvolvemento dun enfoque innovador de negocio baseado no consumo sostible, a reciclaxe colaborativa e a reutilización e cocreación de produtos e servizos para os catro sectores referenciados.

As mellores solucións serán demostradas a gran escala polo proxecto CIRC4Life en Reino Unido e España entre os anos 2019 e 2020.

O consorcio do proxecto está conformado por 17 socios da UE, entre os que se atopa o centro español de I+D CIRCE.

Fonte e imaxe: Fundación Circe.

Saúdos, Departamento de Comunicación

9 Nov 2018

Galería