SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A FAO considera que a alimentación saudable debe ir da man do coidado do planeta

Print this pagePrint this page
  • No marco da Asemblea Xeral de Cáritas Internacional, celebrada en Roma o pasado mes de maio, o Director Xeral da FAO, José Graziano da Silva, lamentou que a fame global non fixese máis que aumentar debido, entre outros factores, aos conflitos e ao impacto do cambio climático.
  • Asegurou que, se non se alcanzan os dous primeiros ODS, isto é, a erradicación da pobreza e a fame cero, será imposible cumprir cos 15 restantes.
  • Así mesmo, advertiu que, en pouco tempo, o número de persoas obesas a nivel mundial superará a cantidade de persoas que padecen fame.
  • Avogou por promover a agricultura familiar para o cultivo de produtos ricos en nutrientes, incluíndo froitas e verduras, sinalando aos alimentos ultraprocesados, máis baratos e de máis fácil acceso que os alimentos frescos, como principais impulsores da obesidade e a deficiencia de micronutrientes.

Cerceda, a 10 de xuño de 2019.- No marco da Asemblea Xeral de Cáritas Internacional celebrada o pasado mes de maio en Roma, o Director Xeral da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación), José Graziano da Silva, referiuse á necesidade de producir alimentos saudables e nutritivos, pero dunha forma respectuosa co medio ambiente. “Alimentar á xente debe ir da man do coidado do planeta”, salientou.

Aproveitou o acto para enxalzar o papel fundamental da Santa Sede na promoción da inclusión e o desenvolvemento sostible, sinalando que, desde a adopción dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en 2015, a fame global non fixese máis que aumentar debido, entre outros factores, aos conflitos e ao impacto do cambio climático. É por iso que asegurou que, se non se alcanzan os dous primeiros ODS, isto é, a erradicación da pobreza e a fame cero, será imposible cumprir cos 15 restantes.

A OBESIDADE, UN MAL EN CRECEMENTO

Neste marco, considera que, para acabar coa fame e a pobreza, debe actuarse en tres frontes principais: reforzar a capacidade de recuperación das comunidades rurais en zonas de conflito; promover a adaptación dos agricultores familiares ao impacto do cambio climático; e mitigar a desaceleración económica a través de redes de seguridade social e políticas públicas, como son os programas de comidas escolares baseados en compras locais de alimentos procedentes da agricultura familiar.

Tamén deixou constancia da gran preocupación que representa o aumento da obesidade e a deficiencia de micronutrientes, toda vez que máis de 2.000 millóns de persoas teñen sobrepeso, das cales 670 millóns son obesas.

Así mesmo, advertiu que, en pouco tempo, o número de persoas obesas a nivel mundial superará a cantidade de persoas que padecen fame, que ascenderon a 821 millóns en 2017, situación que xa se sofre en América Latina e o Caribe desde 2015.

Neste sentido, chamou a atención sobre o feito de que, mentres que a fame se circunscribe a áreas específicas, particularmente zonas de conflito e zonas afectadas polo cambio climático, a obesidade, que se asocia a diversas enfermidades, representando un custo de 200.000 millóns de dólares estadounidenses ao ano en atención sanitaria e perdas de produtividade, está por todas partes. E, curiosamente, oito dos vinte países do mundo onde as taxas de obesidade crecen máis rapidamente atópanse en África.  Equiparou a obesidade ao impacto de fumar ou ao impacto dos actuais conflitos armados.

A  AGRICULTURA FAMILIAR, TÁBOA DE SALVACIÓN

Avogou por promover a agricultura familiar para o cultivo de produtos ricos en nutrientes, incluíndo froitas e verduras, sinalando aos alimentos ultraprocesados, máis baratos e de máis fácil acceso que os alimentos frescos, como principais impulsores da obesidade e a deficiencia de micronutrientes.

Apostou tamén por impulsar as economías locais, por respectar e valorar as tradicións, por mellorar a nutrición e proporcionar dietas máis saudables baseadas en alimentos frescos, e todo isto nun marco de desenvolvemento territorial local e sostible.

Igualmente, puxo de relevo a importancia do Decenio da Agricultura Familiar da ONU que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o pasado ano e que ten por obxecto reforzar o apoio ás comunidades rurais vulnerables no mundo.

Fonte: FAO

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Xuñ 2019

Galería